--> 👪 TEATRO INFANTIL Rosa caramelo e outras historias | 12h30 S.García | 23nov

0
12h30 sábado en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre. 

Rosa caramelo e outras historias 

Espectáculo teatral de dinamización lingüística creado a partir dos contos de Adela Turín que lles dá a volta a roles e estereotipos de xénero.
A oitava edición do FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dálle a benvida ao outono cunha nova actividade de lecer dirixida ao público familiar con cativada dos catro aos oito anos que chegará, da man de Talía Teatro, a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) ata novembro.

Illada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo... Cando seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade e abriralles o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Rosa caramelo e outras historias ​é un espectáculo teatral de dinamización lingüística creado a partir dos contos de Adela Turín que lles dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Rosa caramelo, A historia dos bonobos con lentes, Unha feliz catástrofe e Artur e Clementina combinan a palabra coa música en directo, para crear unha atmosfera adecuada coa que desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

Interpretada por Artur Trillo con música en directo de Fernando Fraga e baixo a dirección de Paula Carballeira, poderase gozar, do 5 de outubro ao 23 de novembro, en Ribadavia, A Rúa, Vilamarín, Bueu, Ordes, Laxe, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Viana do Bolo, Negreira, Lalín, Trazo, Burela, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.

Falaredes. Dinamización Lingüística  Xunta de Galicia

23nov
noviembre 2019



FalaRedes 2019 presenta unha nova proposta de dinamización lingüística para traballar os roles e os estereotipos de xénero.

A oitava edición do FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dálle a benvida ao outono cunha nova actividade de lecer dirixida ao público familiar con
cativada dos catro aos oito anos que chegará, da man de Talía Teatro, a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) ata novembro.

Illada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo... Cando seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade e abriralles o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Rosa Caramelo é un espectáculo teatral de dinamización lingüística creado a partir dos contos de Adela Turín que lles dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Rosa Caramelo, A historia dos bonobos con lentes, Unha feliz catástrofe e Artur e Clementina combinan a palabra coa música en directo, para crear unha atmosfera adecuada coa que desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

Interpretada por Artur Trillo con música en directo de Fernando Fraga e baixo a dirección de Paula Carballeira, poderase gozar, do 5 de outubro ao 23 de novembro, en Ribadavia, A Rúa, Vilamarín, Bueu, Ordes, Laxe, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Viana do Bolo, Negreira, Lalín, Trazo, Burela, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.

Coma sempre no FalaRedes, a entrada a todas as funcións é libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados. Toda a información sobre a oitava edición está dispoñible no Portal da Lingua Galega http://www.lingua.gal/FalaRedes e na Axenda de Cultura de Galicia.

Publicar un comentario

 
Top