--> ENCONTRO sectorial 'Chaves para a inserción laboral. Constrúe o teu futuro' na Casa da Xuventude | 22nov

0

09h30-13h30  viernes en Casa da Xuventude, Juan Carlos I, Vilagarcía. Entrada libre. 



💬 ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE VILAGARCÍA: “CHAVES PARA A INSERCIÓN LABORAL - CONSTRÚE O TEU FUTURO
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (Lidera) realizará no Espazo Xove de Vilagarcía o encontro sectorial “Chaves para a inserción laboral- Constrúe o teu futuro”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido do emprego e emprendemento.

Obxectivos:


Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas aprender a crear e a innovar nos seus eidos profesionais.

Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais como posibles saídas profesionais da mocidade.

Establecer unha dinámica de coñecemento e diálogo entre a mocidade e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.

Data:  22 de novembro de 2019
Horario:  09:30 - 14:00 horas
Lugar:  Espazo Xove de Vilagarcía. Rúa Xoán Carlos I, 37. Vilagarcía.
Participantes:  mozas e mozos galegos e portugueses de 18 a 30 anos de idade.

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as ata completar aforo

PROGRAMA


  • 09:30h. Recepción dos participantes
  • 09:45h.  "Constrúe o teu futuro"
    • Obradoiro de técnicas e ferramentas chave para a preparación de entrevistas laborais e procesos de busca de emprego.  Imparte: Avelino Cerdeira, profesor de habilidades e competencias . Especialista en procesos de selección de  persoal.
  • 11:15 h Visita de estudo á empresa Lantero - DSMith, especialista en embalaxes avanzados (packaging).
  • 13:30h Fin da xornada

Proxecto LIDERA 

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros e unha duración de catro anos (2016-2019).
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

22nov
noviembre 2019
acto, empleo, encuentro, juventud





Publicar un comentario

 
Top