11h-13h sábado 8nov en Praza da Verdura, Vilagarcía. Entrada libre.
✏️ A sesión, como todas as do Clube de Debuxo, está dirixida a ilustradores, animadores, debuxantes de cómic e estudantes de ilustración.
✏️ NOVA CITA DO #clubededebuxo
Será o próximo sábado, 9 de novembro, de 11:00 a 13:00
na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.
.
✏️O Clube de Debuxo sae por primeira vez da cidade da Coruña para citar todos os ilustradores interesados no debuxo en vivo na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa (http://prazaverdura.com/). Será o próximo sábado, 9 de novembro, de 11:00 a 13:00, coincidindo co mercado da verdura que alí se desenvolve semana tras semana, considerado a derradeira «praza das verduras» (lugar de venda directa dos produtos hortícolas por parte das súas labradoras) que se pode encontrar en Galicia. A queda de ilustradores prodúcese co acordo da Asociación de Vendedoras de Produtos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa, e a situación supón unha nova oportunidade para debuxar en directo unha actividade sumamente viva e chea de colorido.
.
.
✏️Nesta ocasión, a actividade é completamente gratuíta e non precisa inscrición. Calquera persoa interesada só ten que presentarse, co seu material de debuxo favorito, na primeira porta da Praza da Verdura de Vilagarcía (rúa Alexandre Bóveda, 9, 36600 Vilagarcía de Arousa).
.
✏️Trátase da sexta sesión do Clube de Debuxo, que naceu coa intención de realizar unha práctica interesante de ilustración con outros compañeiros, ademais de crear un punto de encontro entre profesionais onde compartir experiencias e inquedanzas. Ata o de agora, todas as sesións foron situadas na cidade da Coruña (en lugares tan diversos como un ensaio da Sinfónica de Galicia, a piscina municipal do Club do Mar da Coruña ou con modelos en vivo dentro da Fundación Luis Seoane), mais a intención é que este sexa a primeira de moitas en localizacións de diferentes zonas de Galicia.
Organiza: AGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
09nov
noviembre 2019
💡 Sesión de Debuxo

Publicar un comentario