--> 🎬 Curtas: DOCUMENTAL a competición 'Eu Tamén Necesito Amar' (estrea) | 26oct

0
20h sábado, proyección en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre. 

Estrea do documental "Eu Tamén Necesito Amar" de O Faiado da Memoria 


Neste novo documental o realizador estuda a situación que a represión política, relixiosa e social causaba no máis íntimo da vida das persoas, incidindo no impacto sobre a vida sentimental, romántica e sexual. Para isto o cineasta conta coa participación e testemuña de 17 mulleres que relatan de xeito oral as súas historias persoais.

Antonio Caeiro conta nos eu haber con outras obras documentais como Aillados, A memoria nos tempos do Wolfram ou , nos que xa se achegaba a distintos episodios e circunstancias da época da posguerra e a represión franquista

Asociación Cultural O Faiado da Memoria e Ollomol Audiovisual

https://eutamennecesitoamar.wordpress.com/

 

Esta é unha historia de mulleres, do seu crecemento físico e intimo, nunha sociedade
que entraba nunha dictadura que duraría 41 anos e que as facía invisibles.
Tamén é a historia de Pura, quen morre antes de ser entrevistada, pero a súa vida representase nun teatriño, como nas antigas barracas das ferias, como a de Barriga Verde, un espazo onde se presentan historias para as clases populares.


Ficha técnica 
Xénero: Documental
Produción: Pablo Banga
Dirección: Antonio Caeiro
Fotografía: Cris Grande
Productora:
O faiado producións e Ollomol Audiovisual



26oct
octubre 2019


Publicar un comentario

 
Top