19h sábado en Sala de Conferencias do Auditorio, Vilagarcía. Entrada libre
💬 FALADOIRO: PATOLAS CULTURETAS
con Matilde Rodríguez, Andrea Villa, Lila de Lilith e 7H Cooperativa Cultural
Matilde Rodríguez - O Gato Cosmico
Andrea Villa Feijóo - Comunicadora Cultural
Andrea Barreira - Libraría de Mulleres Lila de Lilith
Clara R. Cordeiro - 7H Cooperativa Cultural
Clara R. Cordeiro
Clara R. Cordeiro visitaranos coma representante de 7H Cooperativa Cultural, un proxecto de autoemprego colectivo e un modelo de xestión empresarial baseado na economía social e, por tanto, centrado nas persoas e na comunidade. Aspiramos a xerar un modelo de participación que, desde a educación artística, a creación contemporánea e a comunicación cultural fomente o diálogo, o recoñecemento e a visualización da diversidade cultural, promovendo a transformación colectiva do noso contexto. Con este fin e como especialistas enparticipación, feminismos e capacidades diferentes, traballamos desde os principios de inclusión, igualdade e diversidade para garantir a participación de todas as persoas nos procesos de creación cultural contemporánea.
Constituída en 2.015, 7H nace ao amparo do Premio Emprende Gaiás-Sixto Seco á mellor idea empresarial creativa. En 2.016 recibimos o Premio aos Valores Cooperativos, concedido polo Consello Galego de Cooperativas polo noso coidadoso traballo en colectividade e, en 2.018, a Deputación da Coruña outorgounos o Premio Begoña Caamaño á Acción Cultural pola Igualdade de Xéneroen recoñecemento ao noso programa de arte urbana feminista Elas Tamén Pintan, a distinción da que nos sentimos máis orgullosas.
Andrea Villa
Comunicación cultural.
Comunicación | Prensa y RRSS, Curtocircuíto International Film Festival, SonRías Baixas, Festival Revenidas, Festival Vive Nigrán, S8 Mostra de cinema Periférico, Festival de Cans, Carballo Interplay, XVII Premios Mestre Mateo | Academia Galega do Audiovisual, Cósmica Producións para Playz (RTVE), Conecta Fiction, ICC WEEK | Semana de las industrias culturales y creativas, Ourense ICC Week 2017, Festival de Cans, The Show Business Partner, BUDIÑO, 2naFronteira, XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, Televisión de Galicia.
Matilde Rodríguez
Matilde Rodríguez, comisaria e xestora cultural que leva dende o 2011 traballando baixo a marca cultural O Gato Cósmico, unha marca que nun primeiro momento naceu como unha tenda-galería en Santiago de Compostela, dando lugar a un espazo no queque se organizaron diferentes exposicións temporais e onde se podían mercar as creacións de artistas galegos, nacionais e internacionais, facendo fincapé, sobre todo, na ilustración contemporánea, o deseño de produto, a arte urbana e o D.I.Y (do it yourself). No 2013 deixa atrás o espazo físico para adicarse xa de cheo á xestión cultural, organizando eventos e comisariando exposicións que manteñen a esencia “cósmica” inicial, especializándose principalmente no eido da ilustración contemporánea, a música, a animación e a fotografía. Destacan, a Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC) ou o festival de música Ukp Day, entre outros.
+ info en www.ogatocosmico.com
26oct
octubre 2019
Festival Curtas
Publicar un comentario