Documental 'Sexo entre o ceo e a terra'
O vindeiro 8 de outubro, o martes que ven, O Faiado Da Memoria invítavos a proxección no Salón García do documental SEXO ENTRE A TERRA E O CEO dirixido polo realizador televisivo Teo Manuel Abad.
Ten como elemento principal unha das edicións daquel Salón Erótico del Atlántico que se celebraron en fexdega de 2.006 e 2.007.
Aparte conta coa participación de varias personas coñecidas deste pobo, e gravacións na praza de abastos e no mercadillo.
Apuntade nas vosas axendas: martes, 8 de outubro, ás 21:00 horas. Salón García.
Ficha artística
Dirección: / Teo Manuel Abad
Entrevistado: / Camilo Franco / Julián Hernández
Presentación ou locución: / Uxía Blanco / Evita de Luna / Nieves Rodríguez
Produción: / Mariluz Obermeier / María Sotelo
Ficha técnica
Produtora / Formateo, S.L. / Productora Faro, S.A.
Titulo orixinal: Sexo, entre o ceo e a terra
Tipo: Documental
Xénero: Natureza
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 78'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego
Proxecto anteriormente coñecido como Galicia, o imperios dos sentidos, foi dirixido por Teo Manuel Abad.
Documental sobre o mundo do erotismo e o sexo en Galicia. Abrangue desde sex shops ou videoclubes até o festival erótico de Vilagarcía. Tamén se trata a música, os locais de ambiente liberal e as asociacións como Alecrín. Téntase dar todas as visións posibles de quen quixo participar, desde as posturas idolóxicas máis diversas. Proxecto anteriormente coñecido como Galicia, o imperios dos sentidos. Estreouse o 24/11/09 no festival Cineuropa.
08oct
octubre 2019
Publicar un comentario