20h viernes en Casa da Cultura de Galáns, Vilagarcía. Entrada libre
Charla 'Vespa velutina, un perigo á porta da casa
Charla informativa sobre os danos desta praga e métodos de control
AGA organiza esta charla que impartirá Suso Asorey o vindeiro venres 29 de xuño ás 20 h. na Casa da Cultura de Galáns (Rúa Galáns, 16) en Vilagarcía de Arousa.
O obxectivo é informar sobre os danos que está causando a praga do tártago asiático (Vespa velutina) e os actuais métodos de control cos que contamos para reducir os seus efectos. A entrada é de balde e aberta a tódalas persoas interesadas.
Ademais, ó rematar á charla terá lugar a constitución da DAGA Salnés, que terá como unha das súas misións traballar para o control da Vespa velutina na comarca do Salnés. Animamos a todos os socios e socias a asistir a esta reunión e participar na creación e desenvovemento desta nova delegación de AGA, que aportará moitos beneficios ós apicultores e apicultoras desta comarca.

29jun
junio 2018
Publicar un comentario