--> 💬 Marea da Vila: Faxilde, xuntanza coa veciñanza | 21sep

0

20h viernes en Rúa da Cultura, Faxilde, Vilagarcía. Entrada libre. 


Marea da Vila: Faxilde, xuntanza coa veciñanza


Continuando a serie de encontros coa veciñanza, este venres 21 de setembro, Marea de Vila estará escoitando as demandas e propostas das veciñas e veciños de Faxilde, nunha xuntanza aberta que comezará ás 20:00H no Centro Social Faxilde (Rúa da Cultura S/N). En cada un destes encontros evidénciase a necesidade de incluír as circunstancias das parroquias e barrios nas políticas do Concello e así corrixir o desequilibrio existente respecto ao centro urbano. Para Marea da Vila é fundamental acadar unha Vilagarcía onde os veciños e veciñas reciban un mesmo trato e servizos de calidade independentemente da zona onde vivan. Queremos un rural vivo e unha Vila rica en diversidade, e iso non se consegue acordándose da veciñanza unha vez cada catro anos. Insistimos na necesidade de crear espazos de participación dende o Concello, e unha verdadeira política de mantemento e coidado para toda a Vila.

21sep
septiembre 2018

Publicar un comentario

 
Top