en Arousa - O Salnés. Participación libre del 10 al 28 septiembre
II Concurso de Fotografía "Descubrindo O Rural"
O premio de Fotografia GDR Salnés-Ulla-Umia poderase conceder a calquera participante que presente unha fotografía vinculada á temática "DESCUBRINDO O RURAL" e que contribúa de xeito singular á promoción do seu medio ru ral, natural e medioambiental.O ámbito territorial do Grupo de Desarrollo Rural Salnés-Ulla-Umia (GDR) comprende os seguintes concellos: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Todas as imaxes presentadas ao concurso deben corresponderse con algún elemento, paisaxe, recurso,… de estes concellos, xa que como se indica nas bases o obxectivo principal do concurso e por en valor o rural da área do GDR Salnés-Ulla-Umia.
Non se admitiran a concurso aquelas fotografías que non se correspondan inequivocamente con algún elemento, paisaxe, recurso,… dos concellos pertencentes ao GDR Salnés-Ulla-Umia.
Premios
1er premio: 2500€2er premio: 2000€
3er premio: 1500€
4er premio: 1000€
5er premio: 500€
Destinatarios.
En xeral poderán presentarse ao concurso as persoas físicas maiores de idade ou xurídicas, públicas ou privadas. Así mesmo, poderán presentarse ao concurso as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, mesmo carecendo de personalidade xurídica.Tamén poderán presentarse ao concurso os menores con idade igual ou superior aos 16 anos. Estes menores que desexen participar deberán aportar a autorización do seu titorlrepresentante legal para a súa participación no concurso.
Presentación.
Para participar deberanse seguir os seguintes 2 pasos:- Enviar por correo postal en sobre pechado a seguinte documentación:
- Copia do DNI ou CIF do participante.
- Cubrir a "Solicitude de participación" (ver Anexo 11 ).
- Fotografía ou fotografías impresas presentadas a concurso (máximo 3 por participante). O tamaño mínimo da fotografía será de 20 cm x 15 cm.
- Enviar por e-mail a fotografía ou fotografías presentadas a concurso en formato JPEG co tamaño minimo de 3508x2480 pixeles, ao seguinte correo electrónico: comunicacion.gdrsalnesullaumia@gmail.com.
GDR SALNÉS-ULLA-UMIA
Cruceiro, 43 (Vilalonga)
36990 - Sanxenxo
Pontevedra
Consultar bases y premios:
https://gdrsalnesullaumia.com/es/concurso-fotografia/
septiembre 2018
Publicar un comentario