--> PILATES en Perla de Arousa | lun,mie

0

luns e mércores en Perla de Arousa, Avenida López Ballesteros 3-9 baixo (Galerías), Vilagarcía. Grupos reducidos. Incripción previa 629842144 


Clases de Pilates en Perla de Arousa 

(Body Control Pilates Certificated Teacher) 

O Pilates é unha disciplina física e mental que se centra en traballar os músculos posturais máis internos. Cun especial fincapé na respiración e no aliñamento, logramos reeducar o noso corpo, fancéndoo cada vez máis equilibrado, forte e flexible. A metodoloxía axúdache a estilizar a figura e a mellorar a postura corporal, ademais de liberar estrés e tensión.

Horario de clases 

PILATES 
  • Luns e mércores
    • 10:30h-11:30h 
    • 20:00h-21:00h 
“En 10 sesións sentirás a diferencia, en 20 verás a diferencia, en 30 terás un corpo totalmente novo” Joseph Pilates

Indicado para persoas de calquera idade e condición física, o Pilates abordámolo de forma lenta e moi controlada, polo que os resultados se manteñen no tempo. A disciplina está especialmente recomendada para persoas que sofren dor de costas.

En Perla de Arousa baseámonos na metodoloxía de Body Control Pilates que é a maior organización profesional de Pilates en Europa ademais dun referente mundial en calidade de ensino. Co propósito de crear unha conciencia total do corpo, cada exercicio está construído ao redor destes oito principios básicos:
  • Relaxación
  • Coordinación
  • Aliñamento
  • Estamina
  • Concentración
  • Control
  • Respiración
  • Fluidez de movemento 
Equipamento empregado nas aulas: 
  • Foam Roller 
  • Fitball 
  • Softball 
  • Banda elástica 
  • Pesas 

Perla de Arousa 

Avenida López Ballesteros, 3-9 baixo (Galerías)
36600 Vilagarcía de Arousa (A carón da estación de autobuses)
Tel: 629 842 144
Mail: info@perladearousa.gal
Facebook: Perla de Arousa

actividad lunes, miércoles
septiembre, octubre, noviembre, diciembre 2018
enero, febrero, marzo, abril, mayo, junio 2019 
(do 10 de setembro de 2018 ata o 21 de xuño de 2019) 

Publicar un comentario

 
Top