13h-16h sábado, política y música en Romero Ortíz 37, Vilagarcía. Entrada libre
Marea da Vila fai a presentación da súa candidatura cunha “sesión vermú e política” o sábado 4 de maio no Miudo
Marea da Vila celebra a presentación da súa candidatura cunha sesión “vermú e política” que terá lugar o sábado 4 de maio a partir das 13:00H no Bar Miudo (Rúa Romero Ortiz, 37).Dende os primeiros pasos, as persoas que formamos Marea da Vila amosamos o noso convencemento de que existe outra maneira de facer política que vai máis alá das institucións e que se basea na proximidade e na idea de que a política ten que estar nas mans da xente. Por iso, este sábado celebraremos a presentación da candidatura escollendo un formato afastado da tradición política, unha sesión vermú na que, tras as declaracións aos medios, charlaremos e debateremos de política, pero tamén haberá tempo para a música e a diversión. Unha política para as persoas, reafírmase na convivencia e nos lugares de encontro, como sinala o feminismo “se non podo bailar, non é a miña revolución”. Dende Marea da Vila convidamos a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer o proxecto #OCambioÉAgora
04may
mayo 2019
Publicar un comentario