--> 💬 Follas Novas Arousa: presentación libro 'Atlantidae Mulher D'Agua' | 31may

0

20h viernes en Follas Novas Arousa, Rodrigo de Mendoza 12, Vilagarcía. Entrada libre


Follas Novas Arousa: presentación libro 'Atlantidae Mulher D'Agua' 


Boas, familia libreira, tedes plan para este venres? En Follas Novas Arousa propoñémosvos unha opción que vos encantará.

Adela Figueroa virá a visitarnos á librería este venres, 31 de maio, ás oito da tarde, para mostrarnos o seu libro de contos de mulleres e océanos: " Atlantidae mulher d´ àgua". Vén acompañada da ilustradora Celsa Sánchez e dos cantos de Pili Elia Arean, poñendo música ós poemas do libro.

Literatura, poesía, música, charla e moitos libros que ollar. Digo eu que plan non, planazo!!!

Vémonos venres! Non faltedes que pasamos lista! 📖🎼

Veño a informarlles que, nesta próxima temporada, estarei organizando con Beatriz Silva Calveiro, propietaria de "Follas Novas Arousa Libros", algunhas presentacións de libros. E, dicirlles que prepararemos unha presentación, ou como moito dúas, antes do verán; e, despois se realizarán unha secuencia de actos, a partir do mes de outubro.

En principio, fágolles chegar un cartaz, ref. a próxima presentación, que se realizará este venres, día 31 de maio, ás 20:00 horas, do libro "Atlantidae Mulher D'Água", presentado pola súa autora, Adela Figueroa, e a ilustradora, Celsa Sánchez, que serán acompañadas cós cantos de Pili Elia Arean, recitando algúns dos seus poemas do libro.

Esperamos que teñan en conta a presente noticia, para posíbel publicación no seu medio de comunicación.

Saúdos cordiais.

31may
mayo 2019

Publicar un comentario

 
Top