--> 👪 Canta, miña pedra, canta | 4may

0

12h  sábado, espectáculo musical no Salón García, Vilagarcía. Entrada libre 

Canta, miña pedra, canta 

Cuentos y canciones para rendirle homenaje a Antonio Fraguas 

Contos e cancións para renderlle homenaxe a Antonio Fraguas
O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita reúnense neste espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que o autor das Letras Galegas deste 2019 recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.

Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, cada familia asistente recibirá antes de marchar unha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares.

Espectáculo Infantil e xuvenil 6-12anos,
Entrada gratuita, gratis, de balde
FALAREDES.  S.X. Programa de Política Lingüística. Xunta de Galicia

04may
mayo 2019
Letras Galegas 2019: Antón Fraguas

Publicar un comentario

 
Top