--> 📆 Festa dos Maios | 1may

0

11h miércoles en Parque Miguel Hernández, Vilagarcía. Entrada libre. Inscripción previa.  

FESTA DOS MAIOS  

A popular e colorista celebración terá lugar o 1 de maio, no Parque Miguel Hernández
Nova edición da Festa dos maios que como é tradición se celebrarán o día 1 de maio. O certame inclúe as categorías de maio cónico, artístico, cruz de maio, caixas e barco.
En caso de lluvia se trasladará a Praza Peixería

Participan este ano:
Anpa Escola Unitaria de Aralde-Sobrán,
Anpa Vagalume
Anpa Piñeiriño
Anpa Doutor Fléming-Anexo A Lomba
Anpa Casanova-Rubiáns
Anpa Año Pitaño da Galiña Azul de Carril
Anpa Escardia
Anpa Alonga-Arealonga
Anpa San Martiño de Sobrán
Anpa Colexio San Francisco.
Asoc Cult Lumarada de Cornazo,
Asoc Cult Malveiras de Carril
Asoc Cult Os Tres Castros
Sociedade Cultural Gato Negro de Carril
Residencia de anciáns Divina Pastora
Irmáns Inés e Diego Rubianes Diz


Inscripción e participación nos Maios dende o 20 mar ata o 11 abr 

Bases que rexerán o concurso da Festa dos Maios 2019: Para favorecer a participación nesta ancestral celebración o Concello prevé premios que van dende os 30 aos 200 euros e en varias categorías (cónico, artístico, cruz de maio, caixas e barcos) e tamén en función de se o maio ten letra ou non, e, de tela, cantas persoas a cantan. En todos os casos, ademais do diñeiro o premio inclúe a correspondente rosca. O prazo para inscribirse comeza o día 20 (mércores da vindeira semana) e permanecerá aberto ata o 13 de abril. As inscricións deben realizarse na propia Concellería de Cultura, no Auditorio municipal.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a festa se celebrará no Parque de Miguel Hernández. No caso de que chovera trasladaríase para a praza de Peixería. A exposición comezará ás 11 da mañá e concluirá ás 20,30 horas. De novo, para facilitar a participación o Concello transportará o maio ata o parque a quen o solicite (persoas individuais, colectivos ou centros educativos). Tamén se encargará de devolvelos a súa orixe, pero ao día seguinte, 2 de maio. Dende o Concello recoméndase aos participantes que utilicen materiais tradicionais (ramas, madeira, flores...) evitando no posible dos de carácter plástico ou metálico.

O premio mínimo e de 30 euros máis rosca para os que presenten unha caixa ou un barco, que sube a 40 se é unha cruz de maio, un cónico ou un artístico, que se incrementa ata os 80 euros. No caso que, ademais, os autores acompañen o maio cunha canción, os premios pasan a ser de 50, 60 e 100 euros. Se a figura é cónica ou artística, ten letra e ademais na súa interpretación participan ao menos 25 persoas, entón o premio pasar a ser de 200 euros e rosca.


01may
mayo 2019




Publicar un comentario

 
Top