21h sábado, teatro no Auditorio Vilagarcía. Entrada +5€
#Camiños
Espectáculo de teatro a cargo da compañía ButacaZero
Despois de Voaxa e Carmín e Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], ButacaZero, en coprodución co Centro Dramático Galego, embárcase na súa terceira produción: #camiños. Con esta peza, ButacaZero pecha unha triloxía sobre a memoria: histórica na primeira peza, individual na segunda e nesta última, #camiños, sobre a memoria dun pobo.Partindo da idea desas aldeas que se baleiran cada día, dende ButacaZero queren reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén deste pasado na vida diaria. Os tópicos galegos representan á xente ou non? Queren fuxir deles ou en realidade aférranse? Cal é a vida do pobo e que ten que ver coa imaxe estereotipada que de poden ter os de fóra? Que implica a emigración para Galicia dende o pasado e sobre todo no presente? Sobre todo isto reflexiona #camiños, unha peza de teatro moi físico na que a música folk convive coa electrónica, o step coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María, e onde a rapsodia e as coreografías levan aos espectadores da comedia á traxedia pasando transitando sempre a ironía. Un aluvión escénico que fará que os espectadores non poidan ficar indiferentes.
da Rede Galega de Teatros e Auditorios – AGADIC
https://butacazero.wixsite.com/butacazero
REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS. Xunta de Galicia
04may
mayo 2019
Letras Galegas 2019: Antón Fraguas
Publicar un comentario