--> 🎵 Dúo de frauta e piano | 15mar´19

0

20h viernes 15 amrzo 2019 en Auditorio Vilagarcía. Entrada 18€. Socios gratis 


Dúo de frauta e piano

Dúo de frauta e piano
VICENÇ PRATS [frauta]
JORDI TORRENT [piano]

Organiza: Sociedad Filarmónica de Vilagarcía

Programa 


SCHUBERT, Franz: Variacións Trockne Blumen” D 802
WIDOR, Charles-Marie: Suite florentina para frauta e
piano
DEBUSSY, Claude: Syrinx para frauta soa.
POULENC, Francis: Sonata para frauta e piano
Allegretto malincolico
Cantilena: Assez lent
Presto giocoso
BORNE, François: Fantasie brillante sur “Carmen”

VICENÇ PRATS
FRAUTA
Vicenç Prats reside en París e é primero frauta Solista da prestixiosa Orquestra de París desde 1991, o que lle permitiu colaborar con directores como Georg Solti, C.M. Giulini, Pierre Boulez, Lorin Mazel, James Conlon (con quen interpretou o concerto de J. Ibert na sala Sala Pleyel), Kurt Sanderling, Wolfgang Sawallisch, Daniel Baremboin, Gergiev,Maris Jansons, Haitink, Franz Brüggen, Cristoph von Dohnany, Seiji Ozawa, Bernard Haitink, E.P. Salonen, Sakari Oramo, Wolfgang Sawallisch con quen interpretou o Concerto de Mozart no Teatro dos Campos Elíseos de París.

Vicenç Prats foi o primeiro frautista español en entrar no Conservatorio Nacional Superior de Música de París e en obter, por unanimidade do tribunal, o Primeiro premio de frauta e música de cámara, sendo os sesus profesores Michel Debost, Jean Pierre Rampal, Christian Lardé e Alain Marion.

Obtivo premios nos concursos internacionais de Kobe (Japon) e Barcelona. Tocou con formacións de alto nivel como son a Orquestra Franz Listz de Budapest, a Orquestra de París, os Solistas de Zagreb, a Orquestra de cámara de Toulouse, a Orquestra Nacional do Capitolio de Toulouse (da que foi frauta solista durante 4 anos), a Orquestra de Cámara de l’Emporda, The Guildhall Strings Ensemble, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Sinfónica del Vallés.

Paralelamente a súa actividade orquestral, Vicens Prats desenvolve unha gran labor camerística (é fundador e membro de varios grupos en Paris) e pedagóxica, sendo invitado regularmente en EE UU, Xapón, Corea, Francia, Portugal, España, Italia, Suíza, Austria, Chequia, etc.

É membro da SuperWorld Orchestra (Xapón), profesor na Escola Superior de Musica de Catalunya
e fundador da Orquestra de Frautas de Barcelona.

JORDI TORRENT
PIANO 

Jordi Torrent mantén unha intensa actividade como pianista e mestre repertorista. Acompañou a frautistas como Kersten McCall, Sophie Cherrier, Janos Bálint, Jean-Louis Beaumadier, Nicola Mazzanti, e Paco Varoch.

Foi pianista oficial en convencións de frauta en Estados Unidos (New Orleans 2013) Inglaterra
(Warwick, 2014), Costa Rica, 2015, e España (Barcelona 2012, Sevilla 2014, Bilbao 2016 e Valencia 2018), ademais da convención de óboe e fagot en Granada 2018.

Como pianista de orquestra tocou coa Orquestra Sinfónica de Barcelona i Nacional de Catalunya, a Orquestra Sinfónica do Gran Teatre do Liceu, a Orquestra Filharmónica de Helsinki, a Orquestra Filharmónica de Guangzhou, Camera Musicae, Kammart, Grup XXI.

Interesado na música contemporánea, colaborou con compositores como George Crumb, Lukas Foss, Chen Yi, Shulamit Ran, Jesús González, Benet Casablancas, Josep Maria Guix, etc. Bolseiro da “La Caixa”, cursou un Máster de Piano e un Máster de Teoría da Música na Universidade de Indiana, Estados Unidos.

Actualmente, como especialista en repertorio de vento, traballa na Escola Superior de Música de Catalunya en Barcelona.

15mar
marzo 2019

Publicar un comentario

 
Top