--> Programación cultural de febreiro en Valga

0

O auditorio de Valga alberga durante o mes de febreiro actividades e concertos da escola de música e a exposición da camelia.  


A programación arranca o sábado 9 cunha actuación de solistas de saxofón 

A asociación de mulleres rurais Albor expón entre os días 4 e 20 unha colección de pinturas 


Valga, 30 de xaneiro de 2019. 
O Auditorio Municipal ten xa pechada a programación para o mes de febreiro, que inclúe actividades formativas e concertos da Escola Municipal de Música e a XIII Exposición da Camelia Bella Otero, entre outras propostas culturais.

As actividades darán comezo sábado día 9 cun concerto de solistas de saxofón a partir das 21 horas e con entrada de balde para todas as persoas que queiran asisitir. Na fin de semana do 15 ao 17 terá lugar un curso de saxofón impartido polo grupo “Thesis Quartet”, do que forman parte os valgueses Pablo Vigo (saxofón tenor) e Roi Barros (saxofón barítono) xunto a Álvaro Arias (saxofón soprano) e Carlos Ordóñez (saxofón alto). O curso constará de clases individuais cos membros de “Thesis Quartet”, clases de música de cámara, un obradoiro de iniciación ao jazz e un taller de reparación e mantemento do instrumento. Ademais de impartir o curso, “Thesis Quartet” ofrecerán un concerto o sábado 16 a partir das 20:30 horas con entrada gratuíta.

Nesa mesma xornada do 16 de febreiro, celebrarase no Auditorio a conferencia master-class “A importancia da linguaxe musical na formación do músico”, que se desenvolverá entre as 10 e as 14 horas e será impartida por Mª Agustina Perandones, doutora en Didáctica da Linguaxe Musical pola Universidade Complutense de Madrid.

O venres 22 continúan os concertos da Escola de Música, neste caso a cargo dos solistas de piano, ás 21 horas e con entrada de balde.

Unha das actividades máis destacadas da programación de febreiro é a XIII edición da Exposición da Camelia Bella Otero, que se celebra os días 23 e 24. É organizada pola asociación de mulleres rurais Albor e contará coa participación de viveiristas e afeccionados chegados dende distintos puntos de Galicia e tamén de asociacións, entidades e veciños de Valga. Incluirá, ademais, actuacións dos solistas de vento madeira e corda da Escola Municipal de Música.

A asociación de mulleres rurais Albor protaniza tamén a exposición “Pintando emocións”, con cadros de varias socias do colectivo. A mostra poderá verse entre o 4 e o 20 de febreiro.

Por último, o xoves 28 a compañía “Os Quinquilláns” presenta a obra de teatro “Language Planning”, nunha sesión que terá lugar pola mañá e á que asistirá alumnado dos centros educativos valgueses.

Sabado 09feb
21h Auditorio de Valga
Concerto de solistas de saxofón 
Entrada de balde

Sabado 16feb
20h30 Auditorio de Valga
Concerto de “Thesis Quartet” saxofones
"Os esperamos a todos en nuestro próximo concierto! Esta vez tenemos la oportunidad de tocar en el auditorio municipal de Valga ( Pontevedra ) y estrenar en Galicia la maravillosa “Suite Breve da Paisaxe” compuesta por el gran Juan Duran para nosotros."
Entrada de balde


Jueves 22feb
21h Auditorio de Valga
Concertos da Escola de Música: Solistas de piano
Entrada de balde

Viernes 23feb - Sábado 24feb
Auditorio de Valga
XIII edición da Exposición da Camelia Bella Otero. 
organizada pola asociación de mulleres rurais Albor.

Jueves 28feb
de mañá, Auditorio de Valga
Teatro: "Language Planning"
da compañía Os Quinquilláns.
Entrada de balde (centros educativos)

Del 04feb al 20feb
Auditorio de Valga
Exposición “Pintando emocións”
A asociación de mulleres rurais Albor protaniza a exposición, con cadros de varias socias do colectivo.




Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top