--> SUSPENDIDO HASTA 17MAR 🎇 Desfile de Entroido en Vilagarcía | 5mar

0

17h martes en Vilagarcía. Entrada libre

SUSPENDIDO HASTA DOM 17MAR DESFILE DE ENTROIDO 

Recorrido: Alexandre Bóveda > Arzobispo Lago > Conde Vallellano > Avda Mariña > Colón > Juan Carlos I > Praza de Ravella.

Los premios se darán a conocer en Praza Peixería a las 20h30

O DESFILE DE ENTROIDO DE VILAGARCÍA TRASLÁDASE AO DOMINGO 17 DE MARZO

#Premios:
Grupos menos de 20 compoñentes
1º Atrapada entre plásticos
2º Franco regresa a Vilagarcía
3º Os leprechaun e o arco da vella

Grupos mais de 20 compoñentes
1º Viaxeiros no tempo-baixo presión
2º Disco 70
3º Playmobil. Juguetes de ayer y de hoy
accesit 1 Corna-troll y sus gnomos
accesit 2 La accidentada llegada a Oz

Choqueiros
Silla de rodas (parela)
O negro do whatsapp

Individual infantil
1º O diario dun porco espiño
2º Reina del mar
3º A casa dos sapatos

Parella infantil
1º Supermario
2º Derrivox
3º Como entrenar a tu dragón

Individual adulto
1º A coella dos xuncos
2º Invasor indegradable
3º A menina de azulexo

Parella adulto
1º Reciclaxe
2º El regreso de Mary Poppins
3º Corre que te como

#GuiaVilagarcía

Cultura adoptou esta mañá o acordo ante as intensas chuvias previstas para mañá martes

Desbotouse celebralo esta fin de semana para non restar público aos enterros da sardiña de Vilaxoán e Carril e para non coincidir con desfiles doutros municipios

A data elixida finalmente para celebrar o colorido evento é o domingo 17 de marzo.

O departamento que dirixe Sonia Outón desbotou a posibilidade de trasladar o desfile de disfraces e carrozas a esta fin de semana (9 e 10 de marzo) para non interferir nin restar protagonismo aos actos de Entroido programados en Vilaxoán e Carril, onde teñen previsto celebrar os seus respectivos Enterros da Sardiña o sábado e o domingo respectivamente.

Ademais, optando polo 17 de marzo, tamén se evita coincidir cos desfiles de Entroido doutros municipios da comarca e da provincia que xa programaran os seus eventos para a fin de semana de Piñata ou que, debido ao mal tempo destes días, cambiaron os actos para os vindeiros sábado e domingo. Deste xeito foméntase a participación no evento de Vilagarcía, tanto de disfraces como de público.

Amplíase o prazo de inscrición ata o 14 de marzo

A Concellería de Cultura xa está informando do cambio de data aos colectivos anotados no desfile-concurso. Como consecuencia, o prazo de inscrición para participar amplíase ata as 13:00 horas do xoves, 14 de marzo. O trámite debe realizarse na Concellería de Cultura (no Auditorio)

ver tambien: lista y fotos de ganadores del desfile del año pasado >> https://www.arousatv.com/2018/02/lista-y-fotos-de-los-ganadores-del.html


05mar
marzo 2019
entroido, carnaval



Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top