12h jueves en Praza de Ravella, Vilagarcía. Participación libre
Concentración e Lectura do Manifesto 8M Dia Internacional da Muller, polo Consello Local da Muller
O xoves, 7 de marzo, ás 12.00 do mediodía e na Praza de Ravella procederase á lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller con motivo do 8M. Nesta ocasión, e a proposta do propio Consello, a lectura correrá a cargo de Teresa Cuíña, muller traballadora que desempeñou a súa vida laboral na Oficina de Extensión Agraria de Vilagarcía e impulsora do movemento asociacionista dos colectivos femininos no municipio tras o franquismo. A lectura do manifesto adiántase unha xornada posto que o 8 de Marzo está convocada a Folga Feminista.07mar
marzo 2019
8M
Suscríbete a Arousa TV por correo
NdP: A ÁREA DE IGUALDADE REIVINDICA O 8M CON CINE, MANIFESTO, O MARATÓN FOTOGRÁFICO E A ACCIÓN COLABORATIVA "VENUS"
Vilagarcía de Arousa, 4 de marzo de 2019.- A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía, a través do Centro de Información á Muller, volverá a celebrar este ano o Día Internacional da Muller Traballadora, o 8M, cunha variada programación de actos que teñen como obxectivo concienciar en materia de igualdade. Cine, a lectura do manifesto reivindicativo, a folga feminista, o Maratón Fotográfico e a acción colaborativa do programa Mulleres en Acción teñen cabida neste programa no que o departamento que dirixe Tania García contou coa colaboración do Consello Local da Muller, o Cine Club Adega, o colectivo O Soño de Lilith e a Deputación Provincial de Pontevedra.
O último dos actos programados con motivo deste 8M será a entrega de premios e inauguración da exposición do XI Maratón Fotográfico a celebrar o 29 de marzo no Auditorio.
Publicar un comentario