Concentración contra as violencias machistas
EN REPULSA A ESTE NOVO ASASINATO MACHISTA EN VALGA, CHAMAMOS Á MOBILIZACIÓN PARA DAR UNHA RESPOSTA A ESTE TERRORISMO CONTINUADO CONTRA AS MULLERES. MARTES ÁS 20:30H NA PRAZA DE GALICIA. #ninunhamenosOs colectivos feministas de Vilagarcía convocan unha concentración en repulsa do asasinato machista deste domingo en Valga
Nota de prensa O Soño de Lilith Vilagarcía de Arousa, a 11 de marzo de 2019.
Ante un fin de semana tráxico, con tres mulleres asasinadas dende o 8M, unha delas en Valga, os colectivos feministas de Vilagarcía convocamos unha concentración para este martes 12 de marzo a partir das 20:30H na Praza de Galicia, co fin de amosar a nosa repulsa e manifestar, unha vez máis, a necesidade de que a sociedade faga fronte común para acabar coa lacra das violencias machistas.
Tras un 8M que volveu ser un éxito de mobilizacións no que gran parte da cidadanía manifestou o seu compromiso por acadar unha igualdade de dereitos que nos permita vivir libres na nosa diversidade, os acontecementos desta fin de semana volveron amosar a necesidade de manternos alerta e seguir construíndo unha sociedade na que as mulleres poidamos sentirnos seguras e que non nos asasinen polo feito de selo.
O asasinato de onte en Valga, déixanos unha nova muller asasinada, unha familia desfeita, e a imposibilidade de facer xustiza. Queremos enviar o noso agarimo á familia de María Jesús Aboy, especialmente ao seu fillo e filla. Dicir, ademais, que o feminismo seguirá traballando e mobilizándose para deixar de sumar mulleres a unha lista que ronda as 1000 mulleres nos últimos 15 anos, e isto só falando dos asasinatos que se producen a mans de parellas ou ex-parellas (que son os que se recollen dentro da Lei de Violencia de Xénero). Pero, para isto, precisamos do acompañamento da sociedade e de institucións que lexislen para que non nos asasinen, que entendan que as violencias machistas non son nin casuais nin domésticas, senón estruturais, e que entre todas podemos evitalo #NinUnhaMenos.
Concentracións contra o asasinato machista de Valga.
Convoca o movemento feminista galego12mar
marzo 2019
8M
Suscríbete a Arousa TV por correo
Publicar un comentario