--> 💬 Presentación en Galicia do Proxecto Life Invasaqua | 22mar

0

10h-13h viernes en Castroagudín Vilagarcía. Entrada libre 



O vindeiro venres 22 de marzo na Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” (EHEC) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coincidindo co Día Mundial da Auga, terá lugar a presentación do proxecto LIFE 17/GIE/ES/000515 - INVASAQUA - Especies exóticas invasoras de auga doce e esteiros:  Sensibilización e prevención na Península Ibérica.

O acto desenvolverase na aula da EHEC en Castroagudín - Cea, Vilagarcía de Arousa, a partir das 10.00h. Intervirán Pablo Caballero, Xefe do Servicio de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia; Ramsés Pérez, representante da Asociación Ecoloxista ADEGA e responsable do Proxecto Ríos e Fernando Cobo, Director da Estación de Hidrobioloxía e Vicepresidente da Sociedade Ibérica de Ictioloxía (SIBIC).

Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" - EHEC
Castroagudín, Cea - Vilagarcía de Arousa, 36617 Villagarcía de Arosa

22mar
marzo 2019



Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top