16:30h a 20:00h en Perla de Arousa, Avda López Ballesteros 5-7, Vilagarcía. Inscripción previa 35€.
Neste taller de tres horas e media de duración terás a oportunidade de explorarte a ti mesmo a través de novas formas de movemento.
Non fai falla experiencia previa no mundo da danza. Só necesitas vir e deixar que o teu corpo se exprese libremente.
No workshop faremos exercicios de conciencia corporal tanto de pé coma no chan, diagonais, unha pequena coreografía e finalizaremos cunha dinámica de "contact" grupal . (Haberá un descanso durante o taller cun pequeno piscolabis vexetariano)
Sabado 30 de marzo de 16.30 a 20.00
Imparte Andrea Rey, graduada en Artes Escénicas na Escola Superior de Artes Escénicas de Málaga (ESAEM)
Prezo 35€
Información para inscricións:
tel. 629 8421 144
info@peraldearousa.gal
Suscríbete a Arousa TV por correo
Publicar un comentario