--> 📅 Entroido 2019 en Catoira | 3mar

0

en Catoira. Entrada libre 

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2019 EN CATOIRA 


AÍNDA ESTADES A TEMPO DE INSCRIBIRVOS NO CONCURSO DE COMPARSAS. ANIMÁDEVOS!

CONCURSO COLECTIVO:
- REQUISITOS: As comparsas deberán estar integradas por un mínimo de 15 persoas, representadas por unha persoa maior de idade. Deberán representar a idea central do seu disfrace na Festa de Disfraces que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes despois do desfile polas rúas do municipio o domingo 3 de marzo.
- INCENTIVO: Establécese un incentivo de 100 euros para as dez primeiras comparsas que se inscriban e participen no concurso.
- PREMIOS: 1º premio de 300 €, 2º premio de 200 € e 3º premio de 100 €. Os premios ás mellores comparsas serán outorgados por votación do público asistente.
- INSCRICIÓN: no departamento de Cultura do Concello (Tf. 986 546 014, Ext. 3036), dende o 4 ao 25 de febreiro de 2019.

DESFILE DE DISFRACES INFANTIL: Haberá obsequios para os rapaces/zas que acudan disfrazados/as e participen no desfile que se celebrará no Pavillón Municipal de Deportes (ata fin de existencias).

CONVOCATORIA: Tódolos/as participantes deberán concentrarse na Praza do Dr. Vázquez (Estación de FFCC) ás 17:30 horas do domingo 3 de marzo. O desfile de comparsas e disfraces partirá deste punto e percorrerá a Rúa da Estación para rematar no Pavillón Municipal de Deportes. En caso de chuvia o desfile comezará no Pavillón ás 18:00 horas.

03mar
marzo 2019
entroido, carnaval




Suscríbete a Arousa TV por correo


Publicar un comentario

 
Top