--> 📣 Pleno Municipal Vilagarcía | 28jun

0

17h jueves, política en Vilagarcía. Entrada libre 

Pleno Municipal ordinario Vilagarcía 


  • 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 31 de maio de 2018.
  • 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes maio de 2018.
  • 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 4. Comparecencia da Concelleira de Urbanismo (Dona Paola María Mochales) e do Concelleiro de Seguridade e Tráfico (D. Juan A. Pérez Callón) en relación coas obras da Praza de Galicia. 
  • 5. Aprobación, se procede, das liñas de actuación comprendidas na 2ª Senda Financeira aprobada polo Ministerio de Facenda para a Estratexia "Dusi Vilagarcía Avanza".
  • 6. Aprobación, se procede, expediente nº 01/CE/2018 e Nº 01/CF/2018 (Expte. Electrónico INT/2018/000128) de modificación de crédito por crédito extraordinario e de cambio de finalidade "Vilagarcía Avanza".
  • 7. Aprobación, se procede, expediente nº 02/CE/2018 de crédito extraordinario e nº 02/CF/2018 de cambio de finalidade (Expte. Electrónico INT/2018/000129) e autorización uso fondo de continxencia.
  • 8. Aprobación, se procede, expediente nº 01/SC/2018 de suplemento de crédito e nº 03/CF/2018 de cambio de finalidade (Expte. Electrónico INT/2018/000131).
  • 9. Aprobación, se procede, da continuidade do contrato de prestación do servizo de recollida e transporte de lixo ó vertedoiro, limpeza viaria, prazas, parques, xardíns públicos e praias do Concello.
  • 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría por unha vila que fomente a economía social.
  • 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría con motivo do Día do orgullo LGTBI+ e para continuar avanzando na igualdade de trato e non discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e intersexuais.
  • 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU sobe medidas para avanzar na laicidade do Estado no ámbito Municipal.
  • 13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP de solicitude de formación para o manexo dos desfibriladores existentes nas instalacións municipais.
  • 14. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
  • 15. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 16. Rogos e preguntas.
  • 17. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
28jun
junio 2018


Publicar un comentario

 
Top