--> 📣 Inscripción: II Concurso Ameixa Rock para Bandas Emerxentes | 1mar-1jun

0

en Vilagarcía. Inscripción del 1 de marzo al 1 junio 

II Concurso Ameixa Rock para Bandas Emerxentes  

A  Asoc. Ameixa Rock convoca a 2ª edición do “Concurso Ameixa Rock para Bandas Emerxentes”. O obxectivo principal da convocatoria non e outro que potenciar e promocionar grupos emerxentes e darlles unha oportunidade de poder compartir escenario con artistas consolidados e poder darse a coñecer.

  • A convocatoria do II Concurso Ameixa Rock para Bandas Emerxentes terá ámbito nacional, podendo participar nel tódolos artistas, grupos ou solistas residentes en España sen límite de idade.
  • Deberán enviar dous temas a ameixarockcarril@gmail.com en formato mp3, de calidade 128 kbps e un tamaño máximo de 20 Mb, ademáis de un logo/foto do grupo en JPG, e una pequeña descripción da banda.
  • O material enviado terá que ser orixinal.
  • A organización aceptará únicamente traballos dos estilos: indie, rock e pop, e indispensable contar cun repertorio de 40 minutos de actuación (pódese incluir algunha versión).
  • Valorarase enlaces a youtube, soundcloud, bandcamp, etc.
  • O período para apuntarse e dende o 1 de Marzo ata o 1 de Xunio de 2018.
  • O Festival celebraráse o Sábado 1 de Setembro.

Premios 

O gañador do Concurso de Bandas actuará no Festival Ameixa Rock 2018 e terá un premio en metálico de 150€.

A organización porase en contacto coa banda gañadora para informala do premio e tamén  publicará en redes sociais o nome de dito grupo.

NORMAS GENERALES ​

1. No caso de non chegar a un acordó, o premio poderá ser cancelado pola organización. 2. A organización resérvase o dereito a expulsar a un participante se a súa conducta ou actitude e considerada perxudicial para a imaxe do concurso. O feito de participar no concurso implica a aceptación e conformidade de estas bases. Quedará automáticamente descalificado o grupo que incumpra as mesmas. 3. A organización resévase o dereito de modificar as presentes bases ou as fechas do concurso. Calqueira modificación será publicada nas nosas redes sociáis (Facebook, Twitter). 4. A Asoc. Ameixa Rock resérvase o dereito de anular o concurso en calqueira momento por causas maiores. 5. O premio non poderá ser obxecto de cesión ou alteración.

Esperamos a vosa música.

Mantente informado en https://www.facebook.com/ameixarock/

texto original en:
http://ameixarockcarril.wixsite.com/concursodebandas

01jun
marzo, abril, mayo 2018

Publicar un comentario

 
Top