--> 🏃 Festa e Gala do Deporte Local | 1jun'18

0

17h-20h viernes en parque Miguel Hernández y 21h30 en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre. 

Festa e Gala do Deporte Local 

Actividades deportivas e participación pública pola tarde no parque e explanada do auditorio. Haberá actividades relacionadas coas disciplinas que se imparten nas escolas deportivas para nenos e nenas e tamén da oferta para adultos: rugby, zumba, taekwondo, xadrez, esgrima e xogos populares e de habilidade.

Trátase dunha xornada festiva no que a diversión practicando actividade física está garantida e que pretende animar a todo o mundo algún tipo de deporte como hábito saudable que é. Pero a festa taén serve de recoñecemento ao deporte de competición e a todos os colectivos e entidades que favorecen a súa práctica. Por iso, no acto e gala posterior farase entrega do premio ao Mellor Deportista do Ano e se entregarán varias mencións especiais. Ao acto foron invitados os clubs e entidades deportivas da cidade.

Alí se fará público o nome da persoa que recibirá este ano o Premio ao Mellor Deportista do Ano ao cal aspiran a atleta Raquel Meaños, Ricardo González (pesca submarina), Pedro Muñoz (Kenpo), o equipo sénior do Club Vilagarcía de Tenis de mesa e o equipo xuvenil do Club de Remo Vilaxoán. Tamén se entregarán as mencións especiais coas que a Fundación recoñece a labor realizara por persoas ou entidades a favor ou para promocionar o deporte local. Os galardoados deste ano nas diferentes categorías son Luis Vilas, pola súa labor como presidente do C.D. Bamio; Centro Médico Jacinto López, polo seu apoio ao deporte local colaborando con moitas entidades no desenvolvemento das súas actividades; Arosa S.C., pola organización do VI Trofeo Cidade de Vilagarcía; Pablo Penedo, xornalista de La Voz de Galicia; Julio Torrado Quintela, director técnico e adestrador do C.X. Fontecarmoa; a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilagarcía, pola súa colaboración desinteresada cos diferentes eventos deportivos que se desenvolven no Concello e o Equipo De Atletismo Adaptado do Concello de Vilagarcía nos Xogos do Eixo Atlántico.

01jun
junio 2018
Participa Club Olimpic de Taekwondo 

Publicar un comentario

 
Top