--> 📣 Encontro aberto cos veciños en Bamio | 18jun

0

21h30 lunes en Bamio, Vilagarcía. Entrada libre. 

Por unha marea na Vila: Encontro aberto en Bamio  

Por unha marea na Vila convoca á veciñanza de Bamio a un encontro aberto o próximo luns

O encontro terá lugar o próximo luns 18 de xuño a partir das 21:30 no Local Cultural de San Xoán (Campo da Festa de San Xoán).

Continuando coa liña de creación de espazos de participación, dende Por unha Marea na Vila
convocamos á veciñanza de Bamio a un encontro aberto o próximo luns 18 de xuño. Neste encontro compartiremos coa veciñanza as dinámicas dos últimos plenos pero, sobre todo,
escoitaremos as demandas, inquedanzas, dúbidas e propostas que dende Bamio queiran
formular. Cada día faise máis evidente a necesidade de traballar por unha Vila máis
descentralizada, onde as parroquias e o rural vaian adquirindo o peso que lles corresponde nas
políticas que se desenvolven dende o Concello, pero para elo é necesario crear tecido e ter
disposición a aceptar a premisa de “gobernar escoitando”.

18jun
junio 2018

Publicar un comentario

 
Top