--> 💬 Charla: As enfermidades invisibles das mulleres | 1jun

0

20h viernes, charla na sede de O Faiado da Memoria, Praza Ravela 27, 1º, Vilagarcía. Entrada libre. 

As enfermidades invisibles das mulleres 

Relatora: Lola Ferreiro
Organiza: Marea Feminista de Vilagarcía
Colaboran: Grupos municipais Esquerda Unida-Os Verdes e Somos Maioría

Lola Ferreiro, doutora e especialista en temas de xénero, falará das enfermidades invisibles das mulleres nun acto que servirá de pistoletazo de saída a este espazo que pretende ser a concreción do compromiso feminista de Por unha marea na Vila. A charla será ás 20h no novo local de conferencias do Faiado da Memoria, en Praza Ravella 27 e o acceso é de balde. A organización invita aos colectivos feministas da cidade, organizacións e outros partidos a participar no que consideran un acto fundamental para coñecer as asimetrías no tratamento e diagnóstico de moitas enfermidades nas mulleres.

01jun
junio 2018

Por unha marea na Vila estrea espazo de traballo feminista, Marea Feminista de Vilagarcía, coa convocatoria do acto “As enfermidades invisibles das mulleres”

A Marea Feminista de Vilagarcía dá os seus primeiros pasos cunha charla na vila este vindeiro venres 1 de xuño. Lola Ferreiro, doutora e especialista en temas de xénero, falará das enfermidades invisibles das mulleres nun acto que servirá de pistoletazo de saída a este espazo que pretende ser a concreción do compromiso feminista de Por unha marea na Vila. A charla será ás 20h no novo local de conferencias do Faiado da Memoria, en Praza Ravella 27 e o acceso é de balde. A organización invita aos colectivos feministas da cidade, organizacións e outros partidos a participar no que consideran un acto fundamental para coñecer as asimetrías no tratamento e diagnóstico de moitas enfermidades nas mulleres.

Dende Por unha marea na Vila consideramos imprescindible amosar un compromiso rotundo co feminismo. Para elo procedemos á creación dun área de traballo diferenciada que, a imaxe das que xa actúan en outras vilas como A Coruña ou Vigo, sexa un espazo mestizo entre o activismo feminista e a acción política. Así nace a Marea feminista de Vilagarcía marcándose os seguintes obxectivos:


  • -O contacto e o diálogo permanente coas distintas asociacións feministas de Vilagarcía e da Comarca co fin de promover o feminismo de maneira colaborativa. 
  • -O apoio a aqueles colectivos que, non estando vinculados directamente ao feminismo, loitan e traballan para poñer fin ás desigualdades, como poden ser o colectivo LGTBI+ ou os que defenden os dereitos das persoas con diversidade funcional.
  • -A organización de faladoiros cuxo eixo fundamental sexa o debate feminista e a erradicación
  • das desigualdades.
  • -A elaboración de mocións para levar ao pleno que teñan como fin a eliminación das desigualdades e violencias que padecemos as mulleres no noso concello. A disposición de compartir este traballo cos colectivos feministas ou organizacións que queiran levalas aos seus propios concellos.
  • -O deseño dun programa feminista para as eleccións municipais que sexa froito da escoita das asociacións feministas e colectivos de mulleres, así como os distintos colectivos que traballan pola eliminación das desigualdades. Porque só incorporando as experiencias das mulleres poderemos acadar unha vila máis xusta e inclusiva.
  • -A creación de medidas que garantan que o compromiso co feminismo de Por unha marea na Vila non sexa só unha cuestión estética, senón que o feminismo sexa unha maneira de  organizarse, priorizando a cooperación, a conciliación e o coidado das persoas que a formamos e as que se sumen nun futuro.

Marea feminista na Vila é un espazo aberto á participación. Calquera muller pode participar
das súas actividades sen que sexa necesaria vinculación algunha ao espazo político.


Publicar un comentario

 
Top