--> 👪 Pulpiño Viascón 'A Musicleta'. Festiclown | 10ago

0

12h/ 19h viernes, actuación en calles Vilagarcía. Entrada libre 

Pulpiño Viascón 'A Musicleta' 

A Lilicleta transfórmase nun escenario a pedais dedicado aos músicos, unha plataforma sobre rodas en movemento, onde poder presentar espectáculos musicais variados desde outra perspectiva, coa idea de chegar a moitos recunchos e satisfacer a público de todas as idades.

A Musicleta 

Con Pulpiño Viascón e o Sr Líli.
Pulpiño ten moitos instrumentos, como o famoso serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy. O Sr Líli ten unha musicleta! Unha bicicleta totalmente adaptada para un pasarrúas con amplificación propia. Un espectáculo para tódalas idades que percorre a Feira.


A Músicleta y "Os instrumentos máxicos", é un proxecto de Pulpiño Viascón e o Sr. Lili.
Da dúa man farán soar instrumentos tan dispares como un serrucho ou  unha Gameboy,  convertíndo á Lilicleta nunha banda de músicos ambulantes chea de maxia e cor.

Temos o pracer de amosárvos o noso último traballo, que non o derradeiro, que é a páxina web do Sr. Lili e maila súa versátil lilicleta. Logo de darlle unhas voltas ao material que tiña o Sr. Lili fumos quen de poñer en marcha a súa páxina web, aportando un cachiño de frescura e orixinalidade ao entorno da rede. Unha vez máis, bulideirodedicions.com, demostra a súa capacidade pra levar, de xeito claro e con éxito, calquera idea ás novas tecnoloxías, neste caso, Internet.

Festiclown - Culturactiva
Festas de San Roque

10ago
agosto 2018

Publicar un comentario

 
Top