09h-13h sábado en Auditorio Vilagarcía. Inscripción previa
Xornadas de formación para Xuntas Directivas de Anpas 2018
Temática: organización da asociación e participación na xestión escolar
inscipción: http://www.nontedurmas.org/fanpa/reunions-e-documentacion/xornadas-de-formacion-para-xuntas-directivas/?rmcb=1520309697
Xornada de formación de xuntas directivas, centrada nos aspectos societarios: estatutos, asembleas, socios e documentación legal.
Neste Curso atoparedes información e formación sobre todos os aspectos importantes relacionados co funcionamento da ANPA: as súas funcións, fins e obxectivos, o seu marco legal, como se crea, como se planifican as actividades extraescolares, instrumentos de participación como os consellos escolares, etc.
Esta xornada axudaranos a cumprir, con máis facilidade, o noso compromiso a favor dunha educación democrática, inclusiva e de calidade, ao servizo dás nosas fillas e fillos, así como coñecer nosos dereitos e deberes como pais e nais e como ANPA
Confapa Galicia
inscipción: http://www.nontedurmas.org/fanpa/reunions-e-documentacion/xornadas-de-formacion-para-xuntas-directivas/?rmcb=1520309697
Xornada de formación de xuntas directivas, centrada nos aspectos societarios: estatutos, asembleas, socios e documentación legal.
Obxectivo e contido
Para realizar unha eficaz xestión da ANPA é preciso ter uns coñecementos mínimos sobre o seu funcionamento e sobre o Centro Escolar; por tal motivo cada ano organizamos “Cursos de Formación para directivos das ANPA” dirixido especialmente a todas as novas xuntas directivas que vos incorporades por primeira vez á vosa asociación, pero tamén a todas e todos aqueles que nunca participastes ou desexedes volver facelo para facer consultas específicas.Neste Curso atoparedes información e formación sobre todos os aspectos importantes relacionados co funcionamento da ANPA: as súas funcións, fins e obxectivos, o seu marco legal, como se crea, como se planifican as actividades extraescolares, instrumentos de participación como os consellos escolares, etc.
Esta xornada axudaranos a cumprir, con máis facilidade, o noso compromiso a favor dunha educación democrática, inclusiva e de calidade, ao servizo dás nosas fillas e fillos, así como coñecer nosos dereitos e deberes como pais e nais e como ANPA
Relator
Nuria Martínez PigueirasConfapa Galicia
PROGRAMA
- 9:30 Entrega de documentación e presentación.
- 10:00 “As ANPAS e a súa xestión “ -Réxime de funcionamento
- Obrigas documentais.
- Libro/rexistro de socios, actas, asembleas
- Documentos Administrativos
- Instrumentos de participación
- Descanso
- Finalidades
- Dereitos
- Actividades extraescolares
- 12:30: Intervencións dos asistentes.
PARTICIPAR É UN DEREITO, PERO TAMÉN É UN DEBER SOCIAL.
Para o mellor aproveitamento da xornada entregarase apoio documental10mar
marzo 2018
Publicar un comentario