--> 📣 Pleno Municipal Vilagarcía | 23feb

0

17h jueves en Vilagarcía. Entrada libre 

Pleno Municipal Vilagarcía 

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
C O N V O C A T O R I A

Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 23 de marzo de 2018, ás 17,00 horas, ao abeiro do disposto no artigo 4.1.a) do Regulamento Orgánico do Pleno deste Concello.

ORDE DO DÍA


  1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 22 e 24 de febreiro de 2018. 
  2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de febreiro de 2018. 
  3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 
  4. Aprobación, se procede, da Proposta da Alcaldía, de modificación da composición das Mesas de Contratación a raíz da nova Lei de Contratos do Sector Público (Lei 9/2017, de 8 de novembro). 
  5. Aprobación definitiva, se procede, do Estudo de Detalle para o reaxuste de aliñacións na Avda. Rodrigo de Mendoza nº 57-59, promovido por D. Manuel Varela Domínguez en representación de VOUSAMA, S.L. 
  6. Aprobación, se procede, do Orzamento Xeral do Concello e da FPSDM para o exercicio de 2018, anexo de investimentos, operación de crédito que o financia e teito de gasto non financeiro, Así como o cadro de persoal, relación de postos de traballo, e convocatoria procedemento de promoción interna. 
  7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, sobre recuperación dos dereitos e do emprego na Administración de Xustiza. 
  8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, sobre "Peticións veciñais sobre obras e seguridade cidadá no Piñeiriño". 
  9. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 
  10. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 
  11. Rogos e preguntas. 
  12. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión. 
23mar 
marzo 2018 


Publicar un comentario

 
Top