--> 🎵 Exposición Os Campaneiros de Vilagarcía | 6-31oct

0

en Auditorio Vilagarcía. Entrada libre 


Exposición Homenaxe a Os Campaneiros de Vilagarcía 


Organiza: Asociación de Gaiteiros Galegos.

Exposición que se poderá visitar ata o vindeiro día 31 de outubro na sala de exposicións do auditorio, preténdese amosar o recoñecemento a toda unha vida de dedicación a nosa música tradicional e ao enorme valor patrimonial do legado que nos deixaron estes grandes músicos.

Os Campaneiros de Vilagarcía foi un dos cuartetos de gaitas de música tradicional galega mais importantes do s.XX, formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984, sendo un dos grupos de gaiteiros mais lonxevos da nosa historia, con mais de 50 anos tocando. Fundárono José e Ramón Valiñas, dos Campaneiros, de ahí o nome, que era o alcume familiar. Na percusión houbo variación ao longo da historia do grupo, ata que nos anos 60 a formación acada a excelencia coa incorporación de Celestino e José Carballa “Os Sabelos” fillos de “Palla Mallada” un coñecido gaiteiro da comarca arousá.

Este cuarteto de dous pares de irmáns, os irmáns Valiñas e os irmáns Carballa, constitúen un referente fundamental sobre todo pola particularidade do seu modo de interpretar as súas músicas dunha forma diferenciada, e polo gran legado que nos deixaron, con mais de oitenta pezas.

Con esta homenaxe, dende a AGG búscase seguir traballando en prol da música tradicional promovendo a recuperación do noso patrimonio cultural.

Máis información: secretaria@gaiteirosgalegos.gal 986 847 074 - 982 229 966

Coste, precio:
Vista a proposta da Concellería de Cultura, a Xunta de Goberno Local acorda aprobar a
realización da actividade “Xornadas arredor dun pobo: Arousa e O Salnés”, que se levará a
cabo o día 6 de outubro de 2018 e estará dedicada ao Memorial “Os Campaneiros de
Vilagarcía”, e que terá lugar en distintos espazos culturais, así como a aprobación do
orzamento presentado por Asociación de Gaiteiros Galegos, por un importe total de 14.934,72
€, coa seguinte desagregación:
Con cargo á partida 334.22631:
- Exposición “Os Campaneiros de Vilagarcía”: 3.529,20 €
- Encontro “Os Campaneiros de Vilagarcía”: 1.744,50 €
Con cargo á partida 334.22637:
- Pasarrúas + Actuacións homenaxe “Os Campaneiros de Vilagarcía”: 5.758,56 €
Con cargo á partida 334.22602:
- Materiais difusión homenaxe “Os Campaneiros de Vilagarcía”: 3.902,46 €

expo
06oct, 07oct, 08oct, 09oct, 10oct, 11oct, 12oct, 13oct, 14oct, 15oct, 16oct, 17oct, 18oct, 19oct, 20oct, 21oct, 22oct, 23oct, 24oct, 25oct, 26oct, 27oct, 28oct, 29oct, 30oct, 31oct, septiembre, octubre 2018 

Publicar un comentario

 
Top