19h viernes en Vilagarcía. Entrada libre
Pleno Municipal Extraodinario Vilagarcía
CONVOCADO UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA RESOLVER AS ALEGACIÓNS AO PRESUPOSTO 2018
- Será o venres, 4 de maio, ás 18:00 horas
- As reclamacións son dos sindicatos, que entenden que o orzamento non prevé diñeiro suficiente para a RPT, e de Umia Vivo, que reclama máis protección dos petróglifos
- O goberno local lembra que o presuposto prevé 150.000 euros para protección do patrimonio arqueolóxico e que a RPT está na súa última fase, con independencia de que este ano se crean 10 prazas de promoción interna
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, vén de convocar para o vindeiro venres, día 4, un pleno extraordinario co único obxecto de debater as dúas alegacións presentadas ao orzamento municipal, aprobado inicialmente o día 23 de marzo. Trátase das formuladas polos sindicatos con presenza no Concello –UGT, CSIF, CCOO e CIG- e da asociación Umia Vivo.
No primeiro caso, os sindicatos entenden que o presuposto non contempla cantidade suficiente para afrontar a aprobación da RPT, que non existe consignación presupostaria para asumir este mesmo ano o pago da nocturnidade do servizo de emerxencias, e que deberían crearse tres prazas de oficiais de servizos e outras tantas de oficiais da policía local, en ambos casos de promoción interna.
Pola súa banda, a asociación Umia Vivo entende que debe garantirse no Orzamento partida presupostaria suficiente para protexer os petróglifos, especialmente os descubertos no monte Xiabre.
Diante das súas reclamacións, o goberno lembra que a elaboración da RPT está xa na súa última fase e será aí onde se defina, como xa se dixo reiteradamente, tanto a estrutura como as necesidades de persoal do Concello, con independencia de que xa neste ano se contemplan dez promocións internas para auxiliares administrativos e o incremento do cadro da policía local. O goberno local entende que as cuestións de recursos humanos deben de abordarse dende unha perspectiva global, non dende a suma de intereses de colectivos determinados.
En canto á protección do patrimonio arqueolóxico do municipio, o goberno local subliña que o orzamento aprobado en marzo pasado xa prevé unha partida de 150.000 euros para este obxectivo.

04may
mayo 2018
Publicar un comentario