--> 📣 Pleno Municipal Vilagarcía | 31may

0

17h jueves, política en Vilagarcía. Entrada libre.  

Pleno Municipal ordinario Vilagarcía  

ORDE DO DÍA

  • 1. Aprobación, se procede, da acta das sesións anteriores de datas 26 de abril e 4 de maio de 2018.
  • 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de abril de 2018.
  • 3. Toma de coñecemento do acordo da Xunta de Goberno Local de 2 de maio de 2018, en relación coa petición de D. Roi Palmás Cora, que desempeña neste Concello un posto de traballo de persoal eventual.
  • 4. Toma de coñecemento das solicitudes de subvención presentadas polo Concello ante a Deputación Provincial de Pontevedra, ao abeiro do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019).
  • 5. Toma de coñecemento da liquidación do Orzamento do Concello e da FPSDM, correspondentes ó exercicio económico de 2017.
  • 6. Toma de coñecemento do marco orzamentario a medio prazo, exercicios económicos 2019-2021.
  • 7. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 8. Aprobación, se procede, do expediente de créditos recoñecidos Nº 01/REC/2018.
  • 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE sobre a situación dos servizos de avaliación e orientación (EVO).
  • 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría para a protección e posta en valor dos petróglifos da bacía do Río Salgueiro no Monte Xiabre.
  • 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría para expresar o rexeitamento ao fallo da Sentenza Xudicial ao grupo de violadores "La Manada".
  • 12. Aprobación, se procede, da solicitude de comparecencia da Concelleira de Urbanismo (Dona Paola María Mochales) e do Concelleiro de Seguridade e Promoción Económica (D. Juan Antonio Pérez Callón), formulada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría en relación coas obras da Praza de Galicia.
  • 13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP en relación con Peticións veciñais na Parroquia de Trabanca Sardiñeira.
  • 14. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
  • 15. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 16. Rogos e preguntas.
  • 17. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.


04may 
mayo 2018 


Publicar un comentario

 
Top