10h jueves en Fontecarmoa, Vilagarcía. Entrada libre.
I Torneo de Rugby Cinta Escolar
OS INGLESES FARÁN DE ANFITRIONS DA XORNADA DE RUGBY CINTA DO CURSO IMPARTIDO POLO CEFORE
Arredor de 200 escolares participarán no I Torneo de Rugby Cinta Escolar organizado polos Ingleses de Vilagarcía.
As instalacións municipais de Fontecarmoa, acollerán, mañá 10 de maio, a preto de 200 rapaces e rapazas de distintos Institutos de Vilagarcía e de Concellos limítrofes para xogar ao rugby.
Este encontro deportivo, organizado polos Ingleses Rugby Club, foi o encargado de por o colofón a proposta educativa pola que os profesores de Educación Física destes Centros achegan a práctica do rugby e máis os valores de respecto, solidariedade e disciplina que leva aparellados aos seu alumnado.
O torneo desenvolverase seguindo un regulamento adaptado de Rugby Cinta. Unha modalidade sen contacto, especialmente deseñada para participantes noveles e que se pode disputar en calquera superficie. Paralelamente, durante o torneo, os participante poderán experimentar habilidades específicas propias do rugby 15 como a melé, a touche ou a placaxe.
Esta iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración co Centro de Formación e Recursos do profesorado, convina cursos para profesores e torneos, buscando que os alumnos coñezan novas actividades deportivas e as experimente no seu contexto real. Ao tempo que se lle da a coñecer aos rapaces os Clubs deportivos que practican esta actividade na súa contorna.
Esta primeira experiencia competitiva interescolar nace con vocación de continuidade. O obxectivo e formar máis profesores cada ano aumentando deste xeito o número de alumnos que entren en contacto con esta práctica deportiva e con todo o que a mesma conleva.

10may
mayo 2018
Publicar un comentario