--> 🏃 APRAZADO Obradoiro Un mundo de danzas | 13may

0

17h-20h domingo en Rubiáns, Vilagarcía. Inscripción previa 15€. 

APRAZADO Obradoiro Un mundo de danzas 

O domingo, 13 de maio, terá lugar no centro cultural de Rubiáns un Obradoiro de "un mundo de danzas"
A actividade complementa as clases do curso de danzas do mundo que se ven impartindo en Vilagarcía, pola asociación Pésdebarro, pero está aberta ao público en xeral
compárteo nas redes sociais, imprímeo, distribúeo, cóntallo aos teus amigos e amigas… e participa!!!

Vilagarcía de Arousa, 29 de abril de 2018.- O centro cultural de Rubiáns acollerá o domingo, 13 de maio, a partir das 17 horas, un obradoiro de "Un mundo de danzas".
A actividade, que está aberta á participación do público en xeral, forma parte do curso de Danzas do Mundo organizado pola Asociación Pésdebarro e que dende hai meses ven impartindo a profesora Rocio García.
A finalidade de este obradoiro é pasar unha velada divertida practicando pasos e danzas de diferentes partes do mundo dándolle unha presencia especial aos bailes galegos, soltos e agarrados.
Con este obradoiro preténdemos recuperar a cultura participativa do baile.
A Asociación Pésdebarro anima a todos, isto é familias cos fillos pequenos, adolescentes e tamén aos maiores da casa” pois as danzas serán explicadas e guiadas pola profesora Rocio Garcia.
A Asoc. Pésdebarro convídavos a gozar deste mundo de danzas e aprender de xeito sinxelo e divertido todos os pasos neste obradoiro guiado, no que poden participar persoas de todas as idades e sen experiencia; danzas tradicionais portuguesas, francesas, catalanas, holandesas, xapononesas e moitos outros paises do mundo, ademáis de bailes xogos... explicados pola nosa mestra Rocio García
Por todo o anterior, queremos que todo o mundo veña ao obradoiro "Un mundo de danzas". Será o domingo 13 de maio no Centro Cultural de Rubiáns
O Obradoiro de "Un mundo de danzas" será de 17:00h a 20:00h
A aportación para o obradoiro é de 15 euros para as persoas non socias de Pésdebarro e de 10 euros para as persoas socias de Pésdebarro.
O correo electrónico para inscribirse é pesdebarro@hotmail.com ou no móbil 692646068

13may
mayo 2018 

Publicar un comentario

 
Top