--> 💬 Quero Ver o Mar | 13-15jul

0

viernes en Vilagarcía, sábado y domingo en Padrón. Entrada libre 

Quero Ver o Mar (Abride a Fiestra 2018) 


Como previa ao Festival Abride a Fiestra o venres 13 en Carril inaugúrase unha expo dedicada a Rosalía e a esta vila onde a poeta pasaba temporadas de vacacións. E tamén haberá lectura de poemas, dramatización e recreación da derradeira viaxe en bote de Rosalía desde a praia á estación. E, para rematar, NAJLA SHAMI.

Organizan: Amigos/as do Carril, Asociación Rompetimóns, Fundación Rosalía de Castro

Venres 13xul 

Quero ver o Mar 
12h Inauguración exposición 'Rosalía e o Carril' no Museo do Ferrocarril.
21h30 Actividades na Ribeira do Carril, en praia da Covacha:
Lectura de poemas.
Dramatización 'Quero ver o Mar'.
Recreación da viaxe en barco de Rosalía desde a praia á estación.
22h30 Actuación musical de Najla Shami. 

Sábado 14xul

Inchadiña Branca Vela. 6ª Subida en Vela, desde Vilarello Valga a Padrón
15.30 Saída de Valga (Praia da Telleira, Vilarello) de dornas, galegóns, botes, bucetas e gamelas.
17.30 Chegada a Padrón (Espolón)
22.00 Concerto de HABELAS HAINAS (Praza de Macías)

Domingo 15xul

Festival Rosalía en Festa, na Casa de Rosalía, Padrón.
Con mercado de produtos rosalianos toda a xornada e teatralización de Mónica Caamaño como Rosalía de Castro, acompañada na música por José Luís do Pico Orjais.
11.00. Coral de Padrón
11.30. Visita guiada de Carlos Dacal pola Horta da Matanza
11.30 Visita guiada para familias pola Casa-Museo por Mónica Caamaño (como Rosalía) e José Luís do Pico Orjais.
12.00. Xosé Manuel Beiras comenta a proxección do filme “Pelerinaxe lírica aos lugares rosalianos” (1951), na que el estivo presente.
12.30. “A viaxe de Rosalía”, un espectáculo de monicreques para cativos (por Larraitz Urruzola)
13.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Pepe Barro
13.30. Regueifas con Alba María e Xairo d’Herbón
14.00. Concerto de NAJLA SHAMI
17.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Manuel Lorenzo Baleirón (“Rosalía na súa terra”)
18.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Pilar García Negro (“Rosalía rebelde e feminista”)
18.30. “A viaxe de Rosalía”, un espectáculo de monicreques (+6)
18.30. Mini-concerto de MARGARITA VISO no piano de Rosalía
19.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Xosé Luís Axeitos “Rosalía documentada”
19.30. Entrega da Rosa de Galicia e presentación do Libro Escolar de Poesía
20.00. Recital poético con Ana Blanco, Nuria Vil, Ismael Ramos, Paula Antía Rei e Cinta Adhesiva (espectáculo poético-musical)
20.30. Visita guiada pola Casa-Museo por Mercedes Peón: “Rosalía queer”.
21.00. Concerto de MERCEDES PEÓN.

13jul, 14jul, 15jul
julio 2018

Publicar un comentario

 
Top