--> 💡 EmprendeVGA 2018 | jun-jul

0

en Dalle Que Dalle, Mendez Núñez 2, Vilagarcía. Inscripción previa. 

EmprendeVGA 2018

Inscripción a los cursos: http://www.emprendevga.com/contacto/inscricion-emprende-vga/
Info 986 188 467

31may
A túa Idea de Negocio (9h30-13h30)
Este é o punto de partida,poñeremos a idea de negocio a proba tanto na nosa cabeza como en papel, para definir e concretar como converter a idea nun proxecto real

04jun
Cómo encaixa a túa idea no mercado (9h30-13h30)
O estudio de mercado previo é imprescindible para comezar un negocio. Como adaptar a túa idea de negocio ao mercado? Ten competencia a túa empresa? Como é o panorama competitivo ao que che enfrontas? Como atopar e acertar coas vantaxes competitivas da túa empresa.

07jun
As claves do emprendemento (9h30-13h30)
¿Que se debe ter en conta para iniciar un emprendemento propio? ¿O emprendedor nace ou se fai? Que cualidades ten un emprendedor/a de éxito.

11jun
Como pode un empresario/a definir o seu modelo de negocio (9h30-13h30)
Mediante ferramentas de definición dun modelo de negocio, como o método CANVAS, tratase de responder a preguntas como: ¿Como imos crear valor… e para quen? ¿Como imos facer chegar ese valor os nosos clientes?, cal e a nosa vantaxe competitiva,etc.

14jun
Networking con Emprendedores (19h-21h)
Os novos emprendedore/as poderán coñecer de primeira man outros empresario/as que os inspiren e motiven a emprender.

18jun
A importancia do Plan de Negocio (9h30-13h30)
Analizaremos as claves para valorar a utilidade dun plan de negocio inicial desde un punto de vista práctico.Como este documento serviranos de guía para a toma de decisións máis eficiente durante os primeiros anos de funcionamento

21jun
Como liderar, xestionar e comunicarse nunha empresa (9h30-13h30)
Como ter éxito e divertirse no camiño,a resposta está na motivación,o talento,o liderado e a boa comunicación. Ademais, contar coas persoas adecuadas é un activo moi importante do proxecto

25jun
Falar en público: o mellor 'pitch elevator' (9h30-13h30)
Saber comunicar o teu proxecto de forma axeitada, directa, clara, captando a atención do público e ser capaz de contaxiar o teu entusiasmo é fundamental.

28jun
Networking: Mesas sobre financiación para emprendedores (19h-21h)
Expertos en asesoramento empresarial mostraran as vías para o financiamento, xestión empresarial e axudas.

02jul
Estratexias de vendas (9h30-13h30)
¿Como vender o teu produto? Debemos xerar un plan de marketing para o produto ou servizo. Veremos a descrición das distintas formas e canles de comercializar a nosa  oferta, notoriedade,compra,entrega e postvenda.

05jul
Inspiración noutros proxectos (9h30-13h30)   
Buscaremos inspiración e aprenderemos doutros proxectos empresariais de varios sectores,tanto os casos de éxito como leccións aprendidas dos erros tamén.

09jul
Publicidade e marketing (9h30-13h30)
Os emprendedores e o marketing dixital hoxe en día deben ser un. Que ferramentas e investimento necesitas para lanzar o teu negocio no mundo dixital, tan relevante actualmente.

12jul
Networking:Consellos de emprendedores para emprendedores (19h-21h)
Poderás aprender doutro/as emprendedore/as de diferentes sectores, das súas experiencias, éxitos, fracasos e leccións aprendidas neste camiño de retos e satisfaccións do emprendemento.

Semán do 16jul ó 02jul
Mentorización Grupal de Proxectos
Unha semana intensiva e enriquecedora en coñecementos e estratexias que analizará e dará consistencia o teu proxecto,profundando nos puntos clave dun plan de negocio, o valor engadido, as estratexias comercias, os factores máis relevantes para poñer en marcha o teu proxecto con moita máis claridade, forza e éxito.

31jul
Xornada Final. Networking e Presentación dos Proxectos Mentorizados

junio, julio 2018



Publicar un comentario

 
Top