--> 📣 Pleno Municipal Vilagarcía | 26jul

0

17h jueves, política en Vilagarcía. Entrada libre 

Pleno Municipal ordinario Vilagarcía 


SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
C O N V O C A T O R I A

Orde do día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 26 de xullo de 2018, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA
  • 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 28 de xuño de 2018.
  • 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes xuño de 2018.
  • 3. Toma de coñecemento do informe do 2º trimestre 2018 de morosidade, ao abeiro do disposto na Lei 5/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
  • 4. Comparecencia da Concelleira de Urbanismo (Dona Paola María Mochales) e do Concelleiro de Seguridade e Tráfico (D. Juan A. Pérez Callón) en relación coas obras da Praza de Galicia. 
  • 5. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 6. Aprobación, se procede, do expediente nº02/MSI/2018 de modificación de saldos iniciais de dereitos pendentes de cobro de exercicios pechados por prescrición.
  • 7. Aprobación, se procede, do investimento plurianual "Renovación de barandillas no entorno de Vista Alegre 2ª Fase", subvencionado pola Deputación Provincial. 
  • 8. Ratificación, se procede, de aprobación realizada pola FPSDM da memoria de actividades deportivas levadas a cabo durante o ano 2017.
  • 9. Aprobación inicial, se procede do Regulamento municipal das Prazas de Abastos.
  • 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, relativa a modificación da Lei de Portos de Galicia. 
  • 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, para declarar persoas non gratas aos compoñentes da "manada".
  • 12. Aprobación, se procede, da moción conxunta presentada polos grupos políticos municipais de Esquerda Unida-Son e Somos Maioría, para a declaración dos membros da "manada" como persoas non gratas neste Concello.
  • 13. Aprobación, se procede, da moción conxunta presentada polos grupos políticos municipais de Esquerda Unida-Son e Somos Maioría, para demandar a fin dos espectáculos tauromáquicos na provincia de Pontevedra e no territorio galego. 
  • 14. Interpelacións dos grupos políticos EU e Somos Maioría sobre o estado do paseo marítimo. 
  • 15. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 16. Rogos e preguntas. 
  • 17. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión. 
    26jul
    julio 2018

    Publicar un comentario

     
    Top