21h-23h martes en Perla de Arousa, Vilagarcía. Inscripción 15€.
Curso de Baile Tradicional por Rebeca Tallon Armada
PARTE TEÓRICA
– características que definen o noso baile tradicional, ritmos, funcionalidade e contexto actual do mesmo.
PARTE PRÁCTICA: o baile solto – xota e muiñeira
– pasos básicos
– códigos xerais: combinacións de pasos e estructuras coreográficas
“O baile non ten cancelas” (simulación dunha foliada)
Rebeca Tallón Armada leva inmersa no mundo da música e do baile tradicional galego dende nena, un legado que recibiu dos seus avós. Dende fai anos compaxina o seu traballo como edafóloga co de profesora de baile tradicional galego (iniciación e nivel intermedio) e compiladora de baile e música tradicional.
A súa formación comezou en distintas asociacións na provincia de Lugo: Asociación Val de Láncara e Val do Mao á par que outras no concello de Santiago: Asociación Cantigas e Agarimos, A Xuntanza, Ultreia e en ACentral Folque, Escola de Música Popular e Avanzada- na que se atopa actualmente. O seu interese polo baile e danza tradicional fixo que ademais participase e participe como asistente en distintos cursos de cultura tradicional pola xeografía galega e portuguesa.
Nos últimos anos impartiu aulas dentro da Escola viVAntes!, Escola do Medio e Colexio Manuel Peleteiro en Santiago e Asociación Fiadeira en Antas de Ulla. Tamén dirixiu distintos obradoiros dentro do Festigal, Escola Popular da Gentalha, Encontro Ibérico de maestros e educadores das Escolas Waldorf de España e Portugal, así como dentro dos Seráns de Compostela, nos que participa dende 2016.
Cando? 3 de xullo de 21 a 23 horas.
Ónde? Escola de danza Perla de Arousa (Vilagarcía)
Prezo: 15€
Inscricións no teléf. 629 842 144 ou no e-mail info@perladearousa.gal

03jul
julio 2018
Publicar un comentario