--> 📣 Pleno Municipal Vilagarcía | 22feb

0
17h jueves en Vilagarcía. Entrada libre 


Pleno Municipal Vilagarcía 

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
C O N V O C A T O R I A

Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 22 de febreiro de 2018, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 25 de xaneiro de 2018.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de xaneiro de 2018.
3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
4. Aprobación, se procede, do Manifesto do Consello Local da Muller con motivo do 8 de marzo, Dia Internacional das Mulleres.
5. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, para declarar o 24 de febreiro, día de Rosalía.
6. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, para a realización de melloras no estadio de atletismo.
7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para apoiar a folga internacional de reivindicación feminista do 8 de marzo.
8. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría, de apoio á folga feminista do 8 de marzo de 2018.
9. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría, por unha vila segura para as mulleres, unha vila segura para todas as persoas.
10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP para apoiar e defender a prisión permanente revisable.
11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE de abaratamento custes tarifas RENFE-cambio de media distancia a cercanías
12. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno
13. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
14. Rogos e preguntas.
15. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
Vilagarcía de Arousa, 19 de febreiro de 2018.



22 feb
febrero 2018 

Publicar un comentario

 
Top