--> PRESENTACIÓN LIBRO INFANTIL 'El Marinero y el Mar' de Carlos Comendador en FOLLAS NOVAS AROUSA | 18ene

0
12h sábado en Follas Novas Arousa, Rodrigo de Mendoza, Vilagarcía. Entrada libre.

PRESENTACIÓN LIBRO 'El Marinero y el Mar' de Carlos Comendador en FOLLAS NOVAS AROUSA 


Que non se diga que non avisamos con tempo, eh familia. O sábado 18 de xaneiro, ás 12h, na librería contaremos coa presenza do noso veciño Carlos Comendador, que acompañado pola contacontos Fátima Villamel, virán presentarnos «El marinero y el mar», o terceiro álbum ilustrado infantil da colección Pictogramas de Sallybooks. Obras destinadas a nenos con necesidades educativas especiais, principalmente a mocidade con Trastorno do Espectro Autista; aínda que tamén pode servir de apoio para outro tipo de grupos con problemas similares de comunicación e/ou desenvolvemento.

O libro fálanos dun confiado mariñeiro que sae na súa barca en busca de peixes. e aínda que parece que o mar está calmo, vai descubrir que baixo as ondas hai moito máis que peixes.
.

📍 18 de xaneiro | 12:00h | Follas Novas Arousa | Vilagarcía de Arousa
.
#presentación #contacontos #vilagarcíadearousa #follasnovasarousa #ilustración #pictogramas #tea #autismo #inclusión #integración #lecturafácil

18ene
enero 2020
💬 acto, 👪 infantil, literatura, libros, destacado





Publicar un comentario

 
Top