--> CONCERTO 'Galicia Fermosa' Ás cancións de Juan Vidal Lemiña | 18ene

0

21h sábado en Auditorio, Vilagarcía. Entrada libre 

PRESENTACIÓN LIBRO CD 'Galicia Fermosa' Ás cancións de Juan Vidal Lemiña 

Na bandaza: Uxía, Yolanda Vázquez, Tatán, Sapoconcho, Cristian Silva, Clara Pino, Josito Porto, Gaspar Somoza, Ysied, Dani Barreiro, Willy Mondeja, Sabela Dacan, Rafa Otero, Xosé Lois Lucio, Coro de Carril, Pablo Vidal.

GALICIA FERMOSA son un libro máis un CD escrito e gravado coa colaboración da Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa. O libro trata da faceta artística de Juan Vidal Lemiña, dos seus cadros e composicións musicais, tan influenciadas pola súa condición de emigrante en Euskadi, e que forman, probablemente, a maior colección de cancións adicadas a Ría de Arousa. Acompañado de fotos da época, letras orixinais, un relato corto, anécdotas e a testimuña de amigos e familiares.
No CD están rexistradas algunhas das súas cancións mais coñecidas interpretadas por un elenco de grandes artistas e polo Coro do Carril.




"Galicia Fermosa" Ás cancións de Juan Vidal Lemiña.

18ene 
enero 2020
🎵 concierto, presentación, música


Publicar un comentario

 
Top