--> XADREZ Torneo Provincial | 18-19ene

0
San dom en . Entrada Auditorio Vilagarcía. entrada libre

XADREZ Torneo Provincial 


Organiza Club XADREZ Fontecarmoa

Un ano máis o noso club colabora na organización dos campionatos provinciais de xadrez en colaboración ca Federación Galega de Xadrez e o Concello. Volvermos xogar no Auditorio Municipal, un dos mellores locais dos que dispoñemos na vila e con cabida para os centos de xogadores que adoitan participar ano tras ano.

A competición desenvolverase os días 18 e 19 de Xaneiro en horario de tarde para as categorías inferiores hasta sub16 e en horario de mañá  tarde para as categorías sub18 e abosoluto, xa que ó xogaren a ritmo lento (precisarán anotar as partidas) non hai tempo abondo polas tardes. Os ritmos de xogo son os mínimos que marca o Regulamento de Competicións da FEGAXA.

Como novidade, este ano a categoría absoluta vai xogar 8 rondas, catro o sábado e outras catro o domingo. Xa levabamos varios anos preto dos 64 xogadores máximos que permiten 6 rondas, e o ano pasado superamos esa cifra. Iso obrigou a aumentar unha ronda o sábado pola mañá a tres días do campionato. Este ano queremos evitar esas sorpresas e partimos dun maior número de rondas.

Non sei cantos lembraredes a enquisa feita o ano pasado na que se preguntaba polo formato da competición. A opción de 1 ronda pola mañá non gustou a ninguén; e entre xogar 3 o sábado pola tarde ou dúas pola mañá gañou esta última. Ten tamén a vantaxa de que xogar máis rondas fai un mellor torneo. Por iso optamos por xogar 8 rondas en catro sesións de dúas rondas, empezando o sábado pola mañá.

Deixamos a continuación as bases onde podedes consultar todos os detalles do torneo. Tan so salientar dúas cousas:  que sub18 e absoluto van xogar a ritmo lento e terán que anotar as partidas; e que o prazo de inscripcións remata o día 15.

18ene, 19ene
enero 2020
🏃 deporte




Publicar un comentario

 
Top