--> 💬 Presentación libro 'Os 110 anos da agrupación socialista de Vilagarcía | 3abr

0

20h miércoles en Sala Conferencias Auditorio Vilagarcía. Entrada libre

A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE presentará un libro sobre os 110 anos da súa historia
No día elixido para a presentación, 3 de abril, cúmprense 40 anos das eleccións municipais de 1979, de enorme trascendencia e simbolismo para os socialistas vilagarciáns.

Vilagarcía de Arousa, 29 de marzo de 2019.- A Agrupación Socialista de Vilagarcía presentará o vindeiro mércores 3 de abril ás 20:00 horas, na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía, a publicación “Os 110 anos da Agrupación Socialista de Vilagarcía (1908-2018)”, unha investigación realizada polos historiadores Gabriel González Díaz e Félix González Insua.

O acto estará presentado polo secretario xeral, Miro Serén, e nel intervirán un dos autores, Tania García Sanmartín, tenente alcalde e exsecretaria xeral, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela.
O día elexido para o acto da organización socialista é moi simbólico, xa que se trata do corenta aniversario das eleccións municipais de 1979 que, tras a vitoria socialista, levaron ao PSOE de Vilagarcía a alcanzar por vez primeira o goberno municipal, converténdose José Recuna no primeiro alcalde socialista da cidade.

Deste xeito, o acto programado para o vindeiro mércores, porá o broche de ouro ás celebracións realizadas polo 110 aniversario da Agrupación, organizadas pola Comisión Executiva Municipal no pasado ano.

03abr
abril 2019



Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top