--> 📣 Pleno Municipal Vilagarcía | 02abr

0

17h martes en Concello de Vilagarcía. Entrada libre 

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

Orde do día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 2 de abril de 2019, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA

  • 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 28 de febreiro de 2019.
  • 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes febreiro de 2019.
  • 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 4. Celebración de sorteo para a designación dos membros das mesas electorais con motivo das Eleccións Xerais do 28 de abril de 2019.
  • 5. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito nº 01/01/2019 (INT/2019/000063).
  • 6. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de Esquerda Unida e Somos Maioría en defensa das persoas traballadoras do mar.
  • 7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, en relación ao aumento das cotizacións dos traballadores de mar.
  • 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG relativa á necesidade de dotar á comarca do Salnés dunha ambulancia medicalizada de xeito permanente.
  • 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para a implicación na construción e funcionamento dunha Residencia para Persoas con Discapacidade Intelectual.
  • 10. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
  • 11. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 12. Rogos e preguntas.
  • 13. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión. 


Vilagarcía de Arousa, a 28 de marzo de 2019.


02abr 
abril2019 



Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top