--> 'Vilas para vivilas' acto público de Marea da Vila | 22feb

0

20h viernes en Auditorio Vilagarcía. Entrada libre 

Resume do acto 

“Vilas para vivilas: construír comunidade, recuperar a identidade”
Vilagarcía de Arousa, a 22 de febreiro de 2019. Este venres 22 de febreiro tivo lugar o acto “Vilas para vivilas: construír comunidade, recuperar a identidade”. No mesmo interviron a deputada no Parlamento Galego Ángela Rodríguez, a Concelleira da cidade da Coruña María García, a número 2 de Marea da Vila Andrea Obenza, e a candidata á alcaldía por Marea da Vila, María de la O Fernández González.

O acto transcorreu como unha conversa na que cada unha delas expuxo a súa relación coa súa vila, e como a identidade das vilas se compón dende diversos eixos, o da comunidade e o do patrimonio natural e cultural e o desenvolvemento do mesmo ao longo dos anos. Falouse da necesidade de coidar as vilas, de fomentar o arraigamento e facelas vilas vivibles, creando oportunidades que convertan as nosas vilas en lugares para quedarse. Ademais fíxose fincapé no papel que teñen que xogar as institucións ao respecto.

En palabras de María de la O, "as institucións teñen que ser facilitadoras nas súas actuacións, é
o seu papel dar ferramentas e espazos, porque a identidade non se constrúe dende as institucións. A identidade a constrúen as persoas”. Neste sentido, engade Andrea Obenza, “é fundamental que todas participemos na construción desa identidade común, que haxa escoita e espazos interxeracionais nos que poder crear o relato que queremos, o relato que marcará o futuro e as liñas das nosas políticas”. 

“Vilas para Vivilas: construír comunidade, recuperar identidade” 

Este venres ás 20:00 no auditorio a Marea da Vila terá un acto no que o feminismo volverá a ser ese eixe vertebrador sobre o que pretendemos construir comunidade e recuperar a identidade para a nosa vila. Nese eido distintas compas debaterán sobre as súas experiencias e visións de futuro. Contaremos con Maria García de Marea Atlántica, Ángela Rodríguez - Pam deputada de En Marea, a nosa candidata María De La O Fernández González, e como moderadora a número dous Andrea Obenza. Queremos facer unha vila para as persoas #UnhaVilaParaVivila


Marea da Vila organiza o acto 


 A candidata á alcaldía por Marea da Vila, María de la O Fernández, a deputada no Congreso, Ángela Rodríguez, e a concelleira de Marea Atlántica, María García, protagonizarán este venres 22 de febreiro, en Vilagarcía de Arousa, o acto “Vilas para Vivilas: construír comunidade, recuperar a identidade”. Será ás 20:00, na Sala de Conferencias do Auditorio. Para facilitar a conciliación, as crianzas disporán dunha zona de xogos adaptada.

A número dous de Marea da Vila, Andrea Obenza, moderará o debate. Reflexionaremos de maneira colectiva sobre o papel das mulleres tanto nas institucións, compartindo experiencias, como na configuración dunha cultura colectiva e, en último termo, na creación de identidade.

Dende unha perspectiva municipalista, reivindicaremos a importancia de (re)situar ás persoas no centro das políticas, e falaremos sobre cales son as transformacións necesarias e os retos futuros que se nos presentan dende as institucións para converter as nosas Vilas en vivibles, poñendo en valor iniciativas protagonizadas por mulleres e a necesidade de crear novos relatos dende a experiencia, dende as vivencias de todas, a través do empoderamento colectivo.





22feb
febrero 2019


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top