--> Concurso de tiraxe de cañas | 15feb

0

12h viernes en Praza de Galicia, Vilagarcía.

CONCURSO DE TIRAXE DE CERVEXA 'MAHOU-DESTAPA VILAGARCÍA'

Mañá terá lugar o tradicional concurso de tiraxe de cañas que marca o inicio da ruta Destapa Vilagarcía, no que tomarán parte os hostaleiros que participan na ruta. Como prolegómeno da Ruta mañá ao mediodía celebrarase na praza de Galicia unha nova edición do Campionato de Tiraxe de Cañas Mahou.

O xurado estará formado por representantes de Mahou,  Ahituvi, do concello de Vilagarcía, de Vepersa e dun medio de comunicación.

O CONCURSO DE TIRAXE DE CAÑAS

Aínda que a ruta das tapas no dará comezo ata a tarde, ao mediodía terá lugar o VIII Campionato de Tiraxe de Cerveza ‘Mahou – Destapa Vilagarcía’, no que poderán participar todos os establecementos inscritos na ruta.

A proba desenvolverase, de xeito público, na praza de Galicia a partir das doce do mediodía. Os participantes no campeonato deberán pasar unha primeira eliminatoria na que terán que servir dúas canas de Mahou Clásica en dous minutos.

O xurado valorará a actividade de cada participante puntuando, en base a uns parámetros previamente establecidos, o estilo, técnica e forma de tirar a cervexa, o acabado, cremosidade da escuma e limpeza, así como a súa presentación.

O gañador do Campionato de Tiraxe de Cerveza ‘Mahou-Destapa Vilagarcía’ que recibirá como premio o seu peso en cervexa e un diploma acreditativo.

CANDO: Venres 15 de febreiro, ás 12.00 h.
ONDE: Praza de Galicia

15feb
febrero 2019


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top