Galegas 8M organiza un encontro aberto de mulleres para falar e decidir o camiño para o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Será no Seminario 2 do Auditorio. Agardámosvos!
O Soño de Lilith.
Galegas 8M
Os colectivos agrupados en galegas8M convocan unha xuntanza aberta ás mulleres de Vilagarcía, que terá lugar o próximo sábado día 9 de febreiro a partir das 11:00H no Auditorio de Vilagarcía, e que ten como obxectivo a organización en colectivo das actividades que se efectuarán arredor do 8 de marzo.Nun contexto no que o feminismo está sendo atacado e dereitos que custaron décadas de loita son cuestionados, faise imprescindible que as mulleres e o feminismo continuemos organizadas e unidas, non só para conter aos sectores máis reaccionarios que pretenden negarnos a liberdade de vivir e ser, senón para continuar avanzando.
Dende galegas8M estanse organizando encontros a nivel nacional e nas distintas localidades, co fin de organizarnos e darnos azos de cara a un 8M no que temos o reto de repetir o éxito das mobilizacións do 2018 e no que ademais queremos reafirmar que os nosos dereitos non se negocian e que a loita feminista é imparable. Os colectivos de Vilagarcía facemos un chamamento á participación na convocatoria deste sábado a tódalas mulleres que pensen que para construír unha sociedade máis xusta e diversa precisamos un futuro feminista, e dende xa imos quentando motores para a folga do 8M e demostrar que “se nós paramos, o mundo párase”.
PD: Recordamos que a asamblea é aberta para mulleres mais as decisións tomadas polo grupos serán privadas e envíaremos nota de prensa cando sexa oportuno. Agradecemos a cobertura para dar difusión a este evento, se precisades máis información para antes ou despois da asemblea poderedes utilizar este email ou chamar a este número (661931582 Daisy Alcalde Monteagudo, Presidenta de O Soño de Lilith)
Suscríbete a Arousa TV por correo
Publicar un comentario