--> 🎵 Trío con piano TRÍO ISIMSIZ | 1dic

0

20h sábado 1 diciembre 2018 en Auditorio Vilagarcía. Entrada 18€. Socios gratis 


Trío con piano TRÍO ISIMSIZ 

Organiza: Sociedad Filarmónica de Vilagarcía

Programa 


TRÍO ISIMSIZ
[Pablo Hernán Benedí, violín; Michael Petrov, violonchelo; Erdem Misirlioglu, piano]

BEETHOVEN, Ludwig van. : Piano Trio op 70 nº 2
Poco sostenuto – Allegro, ma non troppo.
Allegretto.
Allegretto ma non troppo.
Finale. Allegro.

BRAHMS, Johannes: Piano Trio en do maior Op 87 nº 2
Allegro moderato.
Andante con moto.
Scherzo: Presto - Trio: Poco meno presto.
Finale: Allegro giocoso.


TRIO ISIMSIZ
Pablo Hernán Benedí, violín
Michael Petrov, violonchelo
e Erdem Misirlioglu, piano

Formado en 2009 na escola Guildhall de Music & Drama, o trío Isimsiz gañou, en 2015, o 1º premio
e o premio do público no concurso Trondheim Competition e, en 2017, o 2º premio do concurso internacional Haydn, en Viena.

O trío foi seleccionado para participar no Young Classical Artists Trust (YCAT) entre 2013 e 2018. En febreiro de 2018 gaña a bolsa Borletti-Buitoni.

O trío Isimsiz actuou en moitas salas europeas, destacando os recitais Stavanger, Mecklenburg-Vorpommern, Peasmarsh e Gower Festivals (Radio 3 da BBC), a sala de concertos Tivoli, a Snape Matings, a Fundación Juan March en Madrid e Marianischer-Saal en Lucerna. Tamén actuou en salas de China e Arxentina.

En novembro de 2017, o trío grava o seu primeiro CD, editado por Rubicon. Os compromisos desta tempada inclúen un programa de Beethoven no Théâtre des Abbesses en París, un concerto no Köln Philharmonie, un conceto no Festival de Música de Cámara de Trondheim e recitais en Wigmore Hall, Brighton Dome e Saffron Hall.

Durante os seus estudos, o trío realizou residencias no centro Banff de Canadá, no Jeunnesse
Musicales Chamber Music de Alemania e no Mozarteum de Salzburgo.

Como trío participou en masterclasses con András Schiff, Steven Isserlis, Menahem Pressler, Thomas Riebl, Wolfgang Reddick, no Gould Piano Trio, Belcea e Takács Quartet.

Pablo Hernán Benedí (violín) naceu en 1991 en Madrid. Estudou no Conservatorio Padre Antonio
Soler en San Lorenzo del Escorial e na Guildhall School of Music and Drama con David Takeno. En 2010 Pablo foi membro do Chiaroscuro Quartet, formado por Alina Ibragimova, Emilie Hornlund e Claire Thirion. Con este cuarteto realizou unha gravación que foi editada en 2011, con moi boas críticas.

Michel Petrov (violonchelo) naceu en 1990 en Bulgaria. Estudou na Yehudi Menuhin School e na Guildhall School of Music and Drama con Louise Hopkins, gañando a medalla de ouro en 2014. Participa na Royal Philharmonic, na Bournemouth Symphony e na English Chamber Orchestra. Como finalista da ECHO Rising Stars, deu recitais nas principais salas de concertos de toda Europa.

Erdem Misirlioglu (piano) naceu en 1989 en Suffolk (Inglaterra). Estudou na Junior Guildhall School of Music and Drama con Mark Fielding e desde 2008 con Martin Roscoe e Ronan O’Hora na Guildhall School of Music and Drama. En 2008 foi finalista no concurso da BBC Young Musicians, interpretando a Rapsodia de Rachamaninov sobre un tema de Paganini coa Orquestra Nacional da BBC de Gales. Recentemente gañou o 1º premio da Beethoven Piano Society do concurso de piano Europe’s Intercollegiate.



01dic
diciembre 2018


Publicar un comentario

 
Top